En Marea reitera ao Rei o seu 'non' a Rajoy

Alexandra Fernández reiterou este luns ao Rei que Unidos Podemos será "a principal oposición" nesta lexislatura.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/10/2016 | Actualizada ás 19:49

Comparte esta noticia

A voceiro de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, reiterou este luns ao Rei o seu rexeitamento á investidura de Mariano Rajoy e á "grande coalición" que supón o apoio que por activa e por pasiva lle darán Ciudadanos e o PSOE, respectivamente, e subliñou que Unidos Podemos será "a principal oposición" nesta lexislatura.

Na rolda de prensa posterior á súa reunión en Zarzuela, Fernández celebrou que "por fin" a "gran coalición" se"destapara", un proxecto, dixo, que se viña xerando dende 2011, cando PP e PSOE acordaron reformar a Constitución (estabilidade presupostaria).

AO seu xuízo, o do PSOE non é "un mero apoio" á investidura de Rajoy, senón que é "o repregamento do réxime ordenado por Bruxelas". "A disxuntiva hoxe é o réxime do 78 mudado en 2011 ou a democracia", formulou.

Neste punto, Fernández avanzou que En Marea estará por "máis e mellor democracia" e por forxar unha alternativa á política de "recortes" e "austericidio" que, segundo denunciou, practicou o Goberno do PP.

De aí que En Marea, segundo o seu voceiro parlamentaria, vaia rexeitar "por coherencia" que Rajoy siga en La Moncloa catro anos máis e a traballar por ser alternativa ao "réxime", como, segundo subliñou, xa o é en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta