Os veciños que prefiren ter o tráfico por medio da vila

Ten sentido facer outra estrada cando xa hai unha autopista e unha nacional que circulan na mesma dirección separadas por pouquísimos quilómetros? A Plataforma Veciñal Variante Non alerta ademais do impacto na Rede Natura.

Por Galicia Confidencial | Pontecesures | 26/10/2016 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

En Galicia é común que as estradas nacionais atravesen o centro das vilas. De feito, moitas localidades medraron no último século ao carón desas estradas. Co aumento do tráfico, a reivindicación de variantes que humanicen os centros levando os coches por fóra do centro é moi frecuente no país.

Plano das tres vías que pronto poden circular paralelas na zona de Valga-Pontecesures
Plano das tres vías que pronto poden circular paralelas na zona de Valga-Pontecesures

Non sucede así en Valga e Pontecesures. Aló, unha parte significativa da veciñanza forma parte Plataforma Veciñal Variante Non, contraria a desdobrar a Nacional 550.

O tráfico nesta vía disparouse pola crise. Moitos condutores que antes montaban alegremente na AP9 agora aforran a peaxe indo pola nacional. O Estado reaccionou acelerando o previsto desdobramento nese tramo. Este 19 de outubro o Ministerio de Fomento publicou o Estudio de Impacto Ambiental.

Dende a Plataforma pregúntanse que sentido ten tres estradas paralelas (a autoestrada AP9, a actual nacional e a nova variante) en poucos quilómetros? Negan, en contra do que di o alcalde de Valga, que as colas sexan continúas.

Ademais alertan que  “a nova alternativa presentada mantén as afeccións a espazos medioambientais incluídos na Rede Natura 2000 (Sistema fluvial Ullla-Deza), modificación e alteración da traza histórica do Camiño Portugués a Santiago e a perda de terreos forestais e agrícolas”.

Engaden de paso que a variante da vila veciña, Padrón, é un “fracaso absoluto” porque o centro segue a soportar bastante tráfico. 

Os seus argumentos son tamén de tipo económico. “Coa construción desta nova variante, os negocios de Pontecesures e Valga sufrirán unha perda económica significativa, o que levará á morte destes núcleos urbanos; o que ocasionaría un enorme prexuízo económico e social nestes concellos”, explican.

O seguinte paso na súa protesta, ademais de volver alegar contra o estudio informativo, será contactar cos deputados galegos no Congreso e, lóxicamente, no Parlamento de Galicia, para que se retraten ante a inflación de estradas na zona. Na opinión dos veciños, todas as alternativas de variante presentadas por Fomento son innecesarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 FranD

Unha empresa que non debería de existir..xa que a autoestrada tería que ser da xente e non so dos vosos amigos.

2 dorinda

Se eu fora da empresa da autopista, apoiaría a petición viciñal. Canto mais lento vaia o tráfico na estrada pública, mais clientes terá a autopista, e mais beneficios obterá a empresa.

1 FranD

Polo medio de que vila?? Esto é a N-550, precisamente o que existe aí existe grazas a ela. Aqui nunca nadie se queixou deso. O que non nos gusta e que se fagan obras innecesarias que o unico que solucionan é o pago de favores con cartos publicos.