A CIG estrea nova páxina web

A central presentará o vindeiro luns 7 unha web redeseñada en estética e funcionalidade, trasladando a un novo dominio.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/11/2016 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Tras meses de traballo, a CIG anuncia que estreará o vindeiro luns 7 de novembro unha páxina web completamente redeseñada tanto no aspecto estético como en funcionalidade, procurando fortalecer a “fiestra da central na rede” que constitúe o diario dixital Avantar. A remuda, "baseada nos eixos da accesibilidade e simplicidade", contempla novos servizos e apartados, un completo centro de documentación e un buscador de convenios, entre outros.

Suso Seixo, líder da CIG
Suso Seixo, líder da CIG | Fonte: cig

A central trasladará ao novo dominio “CIG.gal” o seu diario dixital e páxina web central, redeseñadas a tal efecto, co obxectivo de "mellorar a efectividade comunicativa tanto coa afiliación como coa clase traballadora en xeral nun contexto de grande concorrencia informativa".

A central, unha das tres máis importantes no país, di que o novo portal é parte dun proceso máis amplo que involucre a base militante "na difusión de mensaxes alternativos á hexemonía mediática do empresariado, así como no combate ao silenciamento ou mesmo a criminalización á que moitas veces se somete a loita obreira".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

1 Lois

Os maiores parásitos de Galicia.

1 Montesío

Vale, xa quedaches contento. Quería saber como defendes ti os teus dereitos de traballador, se é que ti es un traballador e non o verdadeiro parasito.

2 Emilio

A CIG defende fundamentalmente os dereitos dos seus liberados e de funcionarios xa cheos de dereitos, priviliegios e soldos elevados. O resto do persoal tráelle sen coidado. No fondo non é máis que o chiringuito sobre o que descansa o partido guía, a UPG, o verdadeiro problema de Galicia.

3 Montesío

Si, claro, a UPG leva gobernando Galicia 40 anos.

4 Lois

Medio gobernou catro e os galegos mandárona á m. Controla a Educación e como consecuencia temos un dos peores sistemas educativos de Europa, e tamén un dos peores de España.