MAIS BNG

As eleccións do pasado 1 de Marzo tiveron un forte impacto no BNG. A sorpresa dun resultado inesperado foi acompañada da lóxica frustración por ver reducido o labor gobernamental a un corto espazo de tres anos e medio sen ter oportunidade de aproveitar a experiencia para corrixir -nunha nova andaina en San Caetano- as deficiencias rexistradas e poder consolidar os evidentes acertos protagonizados no seo do bipartito...

Por Xesús Veiga | Galicia | 27/11/2009

Comparte esta noticia

No contexto interno derivado desa resaca electoral ten lugar o proceso de xestación da corrente "Mais BNG" que ven de nacer formalmente o 21 de Novembro en Compostela.Na miña opinión, este proceso representa unha expresión acaída de dúas actitudes básicas que debe asumir o nacionalismo galego no novo escenario político: realismo para asumir, sen prepotencia, o veredicto popular do 1-M e ambición para tecer unha nova relación co universo humano que pode sintonizar coas propostas de construción nacional e de transformación social que forman parte do patrimonio programático común do BNG.

None

A composición plural da corrente "Mais BNG" é unha garantía da súa capacidade real para contribuír á recuperación do clima de cooperación e consenso na vida interna da organización frontista.O propio nacemento desta corrente é un exemplo práctico de cómo se pode xestionar a lóxica diversidade de ideas e de intereses dende o respecto mutuo e sen recorrer sistematicamente á democracia aritmética ou á invocación de lexitimidades fundacionais.

Todas as persoas e grupos que formamos parte do BNG deberiamos aceitar a existencia de diversas formas de entender e desenvolver o ideario común e asumir, sen reservas, que todas elas son igualmente lexítimas. Postular que hai un círculo de posuidores dunhas supostas esencias do BNG ou defender a permanencia dun grupo cerrado de administradores exclusivos da herdanza histórica do nacionalismo galego supón practicar o que se contiña na vella máxima de que o camiño do inferno está empedrado de boas intencións.Obviamente, o inferno sería aquí o illamento social da organización nacionalista.

Xesús Veiga Buxán é profesor na Facultade de Económicas da USC e ex deputado do BNG no Parlamento galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.