O pracer na Educación

O sistema educativo español ten o estigma do fracaso escolar e atópase no vagón de cola europeo. O mercado laboral resintese pola falta de cualificación e os vindeiros Presupostos recortan as partidas para a educación e investigación e desenvolvemento. Dito isto, teño que decir que os xóvenes extremeños de entre 14 e 17 anos non deberían preocuparse porque van a ter unha formación sexual avanzada grazas á campaña financiada pola Xunta de Extremadura para difundir técnicas de masturbación...

Por Serafín Martínez | Galicia | 28/11/2009

Comparte esta noticia

Incríble, pero certo. O título da campaña, "El placer está en tus manos", xa o di todo sobre a finalidade dun proxecto que lle custa 14.000 euros aos cidadáns, non só de Extremadura, senón de toda España, porque á hora de pedir contas, hai que lembrarse da solidariedade. Podémolo considerar algo totalmente anecdótico, pero penso que non o é, porque se suma a esa cadea de fondos malversados polas administración públicas para proxectos totalmente inútiles dende o punto de vista social. Ao mal gusto da campaña hai que unirlle a invasión pública da esfera mais íntima dos mozoas, invadindo un espazo propio da educación familiar, como é a sexualidade, que ademais, en esta iniciativa da Xunta extremeña, é enfocada dende unha perspectiva puramente amoral. Por si houbera algunha dúbida, os contidos da campaña foron subcontratados a unha tenda de productos eróticos chamada "os placeres de Lola", marca comercial que non remite a unha institución docente. Pero como se xustifican os promotores desta campaña?... Pois o Consello de Xuventude e o Instituto da Muller co argumento da loita contra os "estereotipos" e a "discriminación de xénero". En fin, que non termino de atoparlle a relación de todo isto coa masturbación. Igual se debería preocupar máis pola violencia de xénero e reflexionar sobre a perda de valores que conduce a falta de respecto entre os homes e mulleres.

None

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Serafín Martínez Acevedo Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.