Pedagoxía futboleira

Despois de repasar as noticias deportivas do pasado fin de semana, chama a atención a certa (ou excesiva) incivilidade que existe ó redor do fúltbol.

Por Serafín Martínez | O Rosal | 20/12/2009

Comparte esta noticia

Algún exemplo, ó porteiro do Mallorca, Aouate, chamáronlle "xudío cabrón"algúns seguidores do Osasuna; o árbitro asegurou que os insultos cesaron despois de que o delegado pediulles a ditos afecionados que non insultaran ó xogador. Algo semellante fixeron os do Barça ao simular  gruñidos simiescos dirixidos a Kameni, porteiro do Español. Sería aconsellable fotografar a estes espectadores e colgalos en internet ou divulgalos nos diferentes medios de comunicación, así se aprecia que nun campo de fútbol tamén hai animais.
 
En Xixón, aficionados do Sporting e Sevilla andiveron pelexando antes do partido. En Valencia, un neno insultou a Casillas chamándolle "gitano" e "puta mona", aupado polos espectadores que naquel momento tiña ó seu lado. O máis curioso é que ó porteiro do Madrid recriminoulle a actitude, respondendo o neno con máis insultos. Estas situacións que se dan cada fin de semana non minten: no fútbol se convive co racismo e coa violencia. Os pais deste rapaz deberían explicar como se educa a alguén que empeza por estes insultos, continuará por chamarlle xudío cabrón a outro, a labazadas con outros rivais e acabará nun estadio imitando a un mono.

A pesar de que as autoridades deportivas esixan que o partido pare cando se orixinan insultos deste tipo, queda demostrado que moitos utilizan o deporte rei para liberar tensións acumuladas durante a semana.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Serafín Martínez Acevedo Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.