Alianzas mediáticas no BNG

As diferencias políticas dentro do BNG están adquirindo tintes alarmantes. Á importante falla de entendimento entre +BNG, UPG e Encontro Irmandiño, súmanse agora estratexas comunicativas diferentes...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/11/2009 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

None

A decisión que tomou Quintana foi criticada daquela e aínda hoxe. De feito, desde a UPG, nunca viron con bos ollos a política informativa de Xornal e, sobre todo, a súa política bilingüe. Con todo, os seus principais dirixentes decidiron colaborar nas súas páxinas. Sen embargo, nos últimos meses tivo lugar un distanciamento notable entre os principais líderes da UPG e a dirección do xornal que se reflicte na saída das páxinas de opinión de Francisco Rodríguez, Xosé Mexuto ou Xabier Pérez Iglesias e acusacións cruzadas de que este medio é un "altofalante de Quintana e das posicións de +BNG".

Neste situación, e ante o fracaso do proxecto de Gznación, un dixital impulsado durante o bipartito por Carrumeiro Media, a UPG buscou outras vías alternativas. E é aquí onde se cruzan os intereses deste partido e os de La Voz de Galicia, segundo denuncia a páxina renovarobng. Esta web critica que Guillerme Vázquez e Xosé Mexuto (responsable de comunicación do BNG) mantiveron hai uns días un encontro co editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey, para ofrecerlle un pacto de colaboración. Así, destas conversacións sairía o compromiso do BNG de apoiar a fusión das caixas, a cambio dun bo trato mediático a Guillerme Vázquez.

Existise ou non este pacto, o certo é que non é a primeira vez que desde +BNG, e mesmo desde o Encontro Irmandiño, se denuncian as connivencias entre La Voz e a UPG e que teñen chegado en forma de anónimos a esta redacción. Ao tempo, dende o partido maioritario do Bloque tampouco esquecen que Quintana e "os seus correlixionarios de +BNG" contan co apoio incondicional de Xornal ao que acusan de ser un voceiro da nova formación que dirixe Carlos Aymerich na súa intención de facerse co contro interno do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

13 anónimo

VISCA O BARSA

12 un

Non hai maior insulto dito a un nacionalista que dicir que apoia ou pacta con La Voz de Galicia. Iso é a maior das blasfemias.
Mais parece que os do blog moito proUPG non son:
"Onte, no Consello Nacional do BNG, ocorreu un feito tan insólito como absolutamente natural: a UPG perdeu unha votación, por primeira vez nos 27 anos de historia do BNG.

O asunto en debate era o reparto dos representantes das comarcas no propio Consello Nacional. O Encontro Irmandiño levou unha proposta para que se seguise aplicando o criterio de anteriores procesos asembleares, segundo o cal se computaban todos os militantes (incluso os que non tivesen as cotas ao día) á hora de establecer o número de representantes de cada comarca. Despois da defensa da proposta por parte de Mario López Rico, interveu Carlos Aymerich para apoiala. Pola súa parte, Montse Prado leu un informe xurídico -redactado o día anterior e que non pasou pola Executiva Nacional- sobre a conveniencia de aplicar o novo modelo de reparto. Finalmente, votouse e o resultado foi o xa coñecido: 49 votos a favor da proposta, por 41 en contra.

As reaccións da UPG foron tan inmediatas como impulsivas: destacados dirixentes dese partido cualificaron o que acababa de acontecer como "unha vileza" e chamaron "a mafia" a quen votou a favor da proposta irmandiña. O clima ficou tan tenso que, ao longo da reunión, a UPG forzou votacións sobre asuntos de mero trámite, unicamente para recriminar a +BNG e ao EI a súa postura.

Obviamente, ademais dun asunto técnico -no cal a proposta do EI ten toda a razón, pois ninguén explicou ningún motivo para o cambio de fórmula- hai unha vertente política: dos 4 novos membros que se incorporarán ao Consello Nacional, 2 pertencen a +BNG, 1 ao EI e só un á UPG, o que fai a situación minoritaria da UPG aínda máis notoria.

Vistos eses dous factores, non entendemos a sorpresa da UPG por verse derrotada nun tema no cal non tiña argumentos. O máis intelixente tería sido ceder, evitando así unha derrota que aos membros do partido lles resultou especialmente dolorosa.

É importante que a UPG se acostume a un BNG plural e democrático, que asuma o seu papel de minoría maioritaria e que aprenda a aceptar as derrotas como parte normal, natural e mesmo necesaria do funcionamento democrático. Outros levamos moitos anos a facelo, con toda a naturalidade e lealdade".

Cecais na loita interna polo control do BNG que podería perder a UPG por primeira vez interesa sementar un pouco de merda para despistar.

11 Emilio

y ahora los bloqueritos en que situacción quedan..dando todo el día la matraca de que la voz pierde lectores y ahora resulta, que Guillerme "el taciñas" se reune con Santiago Rey

que opina Xornal de esto

1 Guanpaulosegundo

Guillerme non é "o taciñas", é "o cacharros", de toda a vida... Sen faltar¡¡.

10 eu mesmo

UPG fascistas traidores

9 anónimo

menos mal ho, xa estaba preocupado a ver si lle pasara algo á nosa mascota.
Segue ben, todos contentos