Temas: CASTELAO

A visión máis humana de Castelao

O autor de Sempre en Galiza e líder do Partido Galeguista destacou pola súa xenerosidade, tanta, que mesmo o levou a pasar apuros económicos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/11/2016 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Castelao foi médico, político, ilustrador e, sobre todo, boa persoa. Tal era a súa bondade que o levou a pasar grandes apuros económicos na súa vida e provocou, mesmo, que empeorara o seu estado de saúde.

Castelao durante un mítin
Castelao durante un mítin

Precisamente, sobre este Castelao artístico e humano falou este luns o vicepresidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas, no marco de ‘Os Luns do Ateneo’, unha charla organizada polo Ateneo compostelá.

Seixas comezou lembrando ao Castelao máis mozo. Un rapaz de Rianxo, inmerso na tradición labrega e mariñeira do pobo. Mentres, o seu pai emigrou a Arxentina, onde creou un almacén na zona “india, xa que aos galegos non os mandaban á Pampa boa”. Posteriormente, o propio Castelao traballaría no almacén, aínda que a súa “bondade” rebaixaría os ingresos do negocio. Por iso, o seu pai viuse obrigado a apartalo desa tarefa.

De volta a Galicia, Seixas recordou os estudos de Medicina do debuxante en Santiago. Alí comezou a ser adicto a charlas de literatos, “como as do Café Colón”. Estudando descúbrese o Castelao “do humor e da dor”, explicou. A dor sae á luz, segundo o autor, estudando no Hospital Real.

O Castelao máis maduro

Logo está a estapa de Madrid. Alí faría ilustracións e gañaría fama. Pero volve a Rianxo e abre a súa consulta, mais decide non cobrar, o que provoca o seu fracaso económico. Posteriormente, a súa saúde resíntese. Unha infección no ollo, tratada como unha sífilis, impedirá que poida gañar a vida “como médico e como ilustrador”.

Posteriormente, tal e como lembrou Seixas, Castelaou pasou por diferentes fases, como a súa conversión a funcionario, ao tempo que continuaba ilustrando, por exemplo, no xornal vigués ‘Galicia’. Tamén a súa experiencia como deputado nacionalista na II República ou debuxando a favor do Estatuto. Ademais, mencionou o seu servizo á República no golpe de estado de 1936, chegando a recaudar fondos na costa leste, aínda que era “unha guerra que estaba perdida”. Por último, o Castelao das ditaduras e do exilio, en cidades como Buenos Aires, cidade na que morrería en 1950.

Temas: CASTELAO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Antipodres

Anda o mundo às avessas...Qualquer caciquinho lambe-botas, qualquer novo rico oportunista de províncias, qualquer gadeiro explorador que se presta às indignidades do espanholismo do PP a falar agora de um patriota como Castelao... Vergonha.

6 Amigos

Que pena dá ver o monumento a Castelao en Pontevedra. Arrecunchado e fóra do lugar onde se instalara nos seu día por man do asociacionismo cultural nacionalista creado na ditadura franquista. Toda unha vergoña histórica.

5 Bufffff

Unha haxiografía mais, literatura gris e de militante que obvia a participación de Castelao no fraude electoral do plebiscito estatutario, un delito presidiable que o descalifica como político. Por último, o chamado "golpe de estado" de 1936 é unha desas mentiras repetidas moitas veces pola historiografía amarela, que emprega palabras grosas para impresionar. Foi unha insurrección xeral militar, e non foi un golpe de estado nin se planificou asi pq os insurrectos sabían q ían ter pouca forza en Madrid e un auténtico golpe de estado esixiría unha insurrección moito mais ampla. De feito pensaban que habería loita duns 15 días, unha miniguerra civil, o cal non ten nada que ver co súbito dun golpe de estado.

1 Bufffff

En fin esta literatura sentimentaloide encádrase cun intento de que repunte o nacionalismo, q en tanto q sentimentalización da política é unha sinvergonzada q supón, e coincido con Gabriel Albiac, un retorno do fascismo.

2 Bufffff

Castelao, esa "piltrafa" comunista http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/06...

4 expaña non grazas

eu creo que Castelao non se fixo medico, e o que podía significar a menciña naquela época, porque según dixo por humanidade... e por non facer sufrir os demais... e non porque tivese una enfermidade... Castelao era demasiada boa persoa... hoxe en día todo é piscina de cancodrilos... piscina do expañolismo!!!

3 Gamela

Hoxe temos unha política a golpe de tuit ... e claro, así non hai que mirar á cara da xente ! http://cabozo.com/taboext.php?grupo...