Temas: CERVO CASTROS

Piden a demolición dunha urbanización ilegal que está no Castro da Atalaia de Cervo

Adega e Mariña Patrimonio critican ao Servizo de Patrimonio de Lugo e ao Concello de Cervo por non actuar antes para evitar que se construirá no castro.

Por Galicia Confidencial | Cervo | 15/11/2016 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

Mariña Patrimonio e Adega piden que a Xunta e mailo Concello de Cervo procedan á demolición dunha edificación ilegal que está sobre o castro da Atalaia. Este ben foi catalogado no 2007, con posterioridade ao inicio das obra. Por iso, unha recente sentenza do Tribunal Supremo obriga ao Goberno galego a indemnizar á Xunta por paralizar a urbanización.

Sen embargo, estas dúas entidades reclaman a  expropiación dos terreos que o construtor ten  no xacemento e  a posta en valor dos restos arqueolóxicos xa escavados así como a construción dun museo arqueolóxico na Atalaia. Ademais, piden que Cultura “depure responsabilidades” no Servizo de Patrimonio de Lugo.

E é que acusan a este servizo, xunto co concello, de ser os responsables desta situación. Ao primeiro por tardar 20 meses en inventariar o ben e ao segundo por concederlle a licenza de obra á empresa, Promociones San Ciprián, un día antes de que fora protexido.

Por tanto, dado que o concello  de Cervo sabía da existencia do xacemento e, “malia todo, non dubidou en conceder as mencionadas licenzas”, critican. Por iso, para Mariña Patrimonio e para Adega, o ex-alcalde José Insua e o seu equipo de goberno son tamén responsables da destrución no castro da Atalaia e de que Patrimonio teña que indemnizar agora ao construtor.

Novas indemnizacións

Ademais, a sentenza abre a posibilidade de que o promotor lle reclame ao Concello outra indemnización por ter concedido unhas licenzas para edificar nun lugar no que sabían que existía un xacemento. Esta posible indemnización suporía que todos os veciños de Cervo terían que pagar polas actuacións do ex rexedor de Cervo, José Insua e mais do seu equipo de goberno.

“Porén, cando uns ganan outros perden e, lamentablemente, as neglixencias e mais o desleixo do Servizo de Patrimonio de Lugo, xunto coa actuación irresponsable do concello de Cervo, van provocar inesperados efectos colaterais, dado que os cartos que recibirá  o construtor saen do presuposto que ten Patrimonio para intervir e para protexer sitios arqueolóxicos en toda Galiza”, denuncian Adega e Mariña Patrimonio.

Castro da Atalaia, en Cervo, afectado pola construcción de vivendas privadas
Castro da Atalaia, en Cervo, afectado pola construcción de vivendas privadas

Temas: CERVO CASTROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta