Os cancros de próstata e testicular, explicados de xeito divulgativo

O médico Jon Amil, autor do blog 'As MIR e unha noites', pide apoio para a campaña Movember, para recadar fondos contra estas doenzas. Nun vídeo, tamén explica estes dous tipos de cancros e dá unha serie de consellos para reducir o risco de padecelos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/11/2016 | Actualizada ás 16:50

Comparte esta noticia

Novembro é o mes do Samaín, do Magosto... e do Movember. Durante este mes moitas persoas deixan crecer o bigote como parte dunha campaña para recadar fondos e concienciar sobre doenzas como o cancro de próstata ou o cancro testicular. Como parte desta iniciativa, Jon Amil, médico, autor do blog As MIR e unha noites e colaborador de GC, realizou un vídeo divulgativo para explicar estes dous tipos de cancro.

O médico Jon Amil explica a campaña Movember para a loita contra o cancro en homes.
O médico Jon Amil explica a campaña Movember para a loita contra o cancro en homes.

Caracterizado para a ocasión, e en ton distendido, sen dramatismos, Amil pide axuda para a campaña Movember para logo explicar o cancro de próstata e o testicular, con datos, información e consellos útiles para reducir o risco de padecer estas doenzas.

A campaña é obra de Movember Foundation, organización benéfica internacional comprometida con impulsar unha vida máis feliz, saudable e duradeira para os homes. Desde 2003, recadou 542 millones de euros e financiou máis de mil programas de investigación centrados no cancro de próstata, cancro de testículos, saúde mental e inactividade física

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta