Unha caixa, galega e solvente

Unha das consecuencias derivadas da grave crise económica na que nos atopamos é a necesidade de afrontar unha reestructuración do sistema bancario que garanta a viabilidade e a solvencia das caixas de aforros no noso país...

Por X.M. Barreiro | Galicia | 08/12/2009

Comparte esta noticia

 

None

O Presidente da Xunta de Galicia respondeu a estas premisas de partida á hora de tomar a súa decisión sobre o futuro das caixas galegas, aínda que engadíndolle un aspecto fundamental máis que non é outro que a defensa do criterio de galeguidade.

O fin desta condición a maiores ou de partida, segundo como cada quen queira velo, é claro e conciso: garantir que a toma de decisións da futura caixa no ámbito das súas competencias financeiras resida exclusivamente na nosa comunidade e, claro está, atenda ós intereses primordiais de Galicia. É unha cuestión de territorio, de identidade, de compromiso.

Así, partindo dos conceptos de galeguidade e solvencia, Alberto Núñez Feijoo declarouse, con decisión, partidario dunha fusión das dúas caixas galegas, suliñando tamén, a maiores, o equilibrio e igualdade que deberá manterse entre elas.

O plan plantexado por Feijoo conta co respaldo da gran maioría das forzas políticas, económicas e sociais de Galicia. Un consenso que se ve levemente empañado por ailladas e desafortunadas excepcións, cegadas, quizais, por unha visión excesivamente localista ou por intereses persoais.

Estou convencido de que unha gran caixa galega, forte e solvente, que poida conceder créditos que axuden ás familias e ás empresas, será un elemento que contribuirá á recuperación económica da nosa comunidade de xeito determinante. E penso ademais que atopámonos no camiño axeitado para logralo.

Xosé Manuel Barreiro é presidente do PP de Lugo e ex vicepresidente da Xunta con Fraga.O seu blog

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA