O malestar do ex-presidente

Cando lin as referencias xornalísticas sobre o contido da conferencia do ex-presidente Pérez Touriño tiven a sensación de estar asistindo a un "remake" de algo que xa vivira no pasado.Permítaseme unha cativa viaxe polo tempo.No mes de Febreiro do ano 1981, poucos días despois do intento de golpe de Estado, coincidimos varios profesores no bar da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago.Era algo habitual:aproveitabamos o momento de tomar café para comentar e discutir a respeito da actualidade política.Emilio Pérez Touriño militaba, daquela, no PCG e eu formaba parte do MCG...

Por Xesús Veiga | Galicia | 12/12/2009

Comparte esta noticia

 

None

A forte e grave descualificación do BNG realizada polo ex-presidente Touriño na conferencia promovida pola Fundación Iniciativas XXI semella respostar á mesma pretensión de identificar -na periferia próxima- un responsábel principal da desfeita política rexistrada o pasado 1-M.O recoñecemento do seu fracaso no obxectivo de evitar as confrontacións internas entre os socios gobernamentais foi formulado dende unha óptica presidencialista mais que dende a lóxica dun liderado inevitabelmente compartido.

No catálogo de erros propios non figurou o mais determinante:a pretensión -pouco realista e perigosamente sectaria- de superar a coalición iniciada no 2005 mediante a minoración do peso político e social do BNG.Por iso, no canto de facer unha apoloxía pública das vantaxes que ofrece un modelo de goberno compartido, mais representativo da pluralidade social e menos sometido ás tentacións totalitarias no exercicio do seu labor, optou por deixar constancia do seu malestar anterior e presente.

A experiencia do bipartito é un libro que seguirá aberto moito tempo para aprender dos acertos e dos erros cometidos por cada unha das forzas asociadas.Afortunadamente, non é o catecismo -relixioso ou laico- que nos ofrece o PP, antes con Fraga e agora con Feijoo.

Xesús Veiga Buxán é profesor na Facultade de Económicas da USC e ex deputado do BNG no Parlamento galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xesús  Veiga Buxán Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.