Un sistema galego de pensións independente “hipotecaría a súa viabilidade futura”

Miguel Vázquez Taín, presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas, analiza os "elementos diferenciais" de Galicia dentro do sistema público de pensións estatal, no que a galega é "unha das comunidades autónomas máis beneficiadas", conclúe o profesor da USC, que critica as modificacións introducidas nos anos 2011 e 2013 e alerta de riscos para o sistema español se non hai ingresos adicionais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/11/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

"Galicia presenta peores indicadores que a media do Estado. Aínda que a estrutura económica e laboral, pasada e presente, condiciona a realidade dun sistema de pensións de repartición, en Galicia incide en maior medida a súa estrutura poboacional que, de individualizarse e separarse territorialmente do sistema, hipotecaría a súa viabilidade futura". Esta é a principal conclusión que aporta Miguel Vázquez Taín —profesor de Economía Pública da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e presidente do Consello Galego de Colexios de Economistas—, tras analizar o sistema público de pensións contributivas en Galicia, afondando nos seus elementos diferenciais dentro do Estado español.

O economista Miguel Vázquez Taín
O economista Miguel Vázquez Taín | Fonte: Youtube.

Concretamente, Vázquez Taín incide nos "elementos diferenciais negativos" que presenta Galicia dentro do sistema único no que se integra a nivel estatal. "Estes aspectos diferenciais teñen a súa orixe, en parte, na estrutura económica e laboral, pasada e presente, aínda que cobra cada vez máis peso a configuración e dinámica da poboación galega, verdadeiro condicionante da evolución futura do sistema de pensións", advirte o economista.

Neste sentido, o profesor da USC salienta que o 24,3% do total da poboación galega ten a condición de pensionista, seis puntos máis que no conxunto do Estado, "xerando un gasto en pensións equivalente ao 14,2% do PIB, fronte ao 10,7% no total do sistema". Porén, "este maior peso do gasto en pensións non ten o seu correspondente reflexo na contía das pensións medias, presentando Galicia o segundo importe máis baixo das comunidades autónomas, necesitando ademais que o 33% das pensións galegas sexan complementadas para garantir os mínimos legalmente establecidos", describe Vázquez Taín.

Con todo, segundo o profesor, "Galicia é unha das comunidades autónomas máis beneficiadas do importante grao de solidariedade territorial que presenta o sistema público de pensións contributivas español".

DESEQUILIBRIO ENTRE AFILIADOS E PENSIONISTAS

No seu estudo do sistema de pensións contributivo, analizou a correlación existente en cada momento temporal entre o número de afiliados, que sosteñen as pensións coas súas contribucións, e os pensionistas beneficiarios. Nesta variable, o profesor constatou os efectos da crise económica, "pasando a relación de afiliados-pensionistas de 2,55 no ano 2007 a 2,03 no ano 2015 para o conxunto do sistema, e do 1,74 ao 1,42 en Galicia durante o mesmo período".

Pensionistas
Pensionistas | Fonte: Ministerio de Emprego.

Ao confrontar os ingresos e os gastos directamente ligados á parte contributiva para as diferentes comunidades autónomas, Vázquez Taín estima que "son necesarias ratios superiores a 2,4 para equilibrar ingresos e gastos no momento actual", ratio que semella case imposible alcanzar en Galicia.

Así pois, existe un desequilibrio entre afiliados e pensionistas que, "atendendo exclusivamente aos ingresos e gastos directamente relacionados coa parte contributiva do sistema", é de "18.487 millóns de euros no total do sistema, dos cales 2.385 son imputables á Comunidade Autónoma de Galicia", isto é, o 12,9% do total.

A estas cifras, para completar o conxunto do sistema público de pensións en España, Váquez Taín suma os gastos derivados dos complementos a mínimos, das pensións non contributivas e do sistema de Clases Pasivas, que se financian con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado.

"Aínda que o sistema da SS conta con outros ingresos, ademais dos estritamente derivados das cotizacións, estes non permitiron cubrir o desfasamento antes referido, xerándose un déficit total no ano 2014 de 11.202 millóns de euros". Segundo o profesor da USC, este desequilibrio do balance financeiro do sistema de pensións en España "evidencia un problema estrutural que ameaza a súa viabilidade futura nas condicións actuais".

UN SISTEMA EN PERIGO

Vázquez Taín non contempla outra solución que abrir novas vías de ingresos para o sistema de pensións español, ben polo incremento do número de cotizantes ou ben pola a contía das cotizacións, e critica duramente as modificacións introducidas nas reformas operadas no sistema nos anos 2011 e 2013 que, "en suma, empeoran e reducen as condicións nas que se causan as pensións e a súa contía".

"Os efectos da dinámica demográfica superarán o resultado destas reformas e os posibles incrementos nos ingresos derivados dunha mellora no mercado laboral, sendo necesario abrir un debate fundamentado nas análises técnicas, e transparente para a cidadanía, sobre a realidade futura do sistema público de pensións en España", conclúe o profesor, nun artigo publicado na Revista Galega de Economía, Vol. 25-2 (2016) , co título "El sistema público de pensiones en Galicia: elementos diferenciales dentro del Estado español".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 Galiza sera ceibe

PPiratas, ladrons estafadores grotescos... que pretenden os do partido PPodre e os seus compinches PPodreiros... queren deixarnos na ruina acaso??? pretenden seguir roubando e que calemos! e que veñan os expañois a roubarnos como sempre o fixeron ... expaña e moi ladroa e non deu nada a Galiza solo oprobio ... non os queremos ... non os necesitamos! DEIXADE DE ROUBARNOS!!!! EXPAÑOIS LADRONS!!!

2 PePelandia

Argumentos argalleiros. Non ten en conta, o anaconismo da PePecracia de chimpar as pensións non crontributivas e o clientelismo PePeiro coas RISGAs e outras pensión, no sistema de pensións e caixa de pensións contributivas. Por non falar, de usar ese fondo para algo mercar debeda expañola. Ou sexa, no lombo contributivo dos traballadores. Cousa ademais de ilegal, inmoral, xa que a "solidaridade" a conta allea, é cínismo. Tampouco ten en conta que gran parte dos pensionistas galegos foron emigrantes, traballaron e cotizaron fora. Non é mais que propaganda, para privatizar as pensións. O sistema de pensións privadas e mixas, son unha estafa, porque ningún banco ou entidade privaa pode garantir a sua seguridade, tan só os estados, poden dar esa garantía. Un choio para boitres financieiros, que fan de bancos e dan unha revalorización fixa, Sen ter en conta a inflación, que mil pesentas (6 euros) non teñen o mesmo poder adquisitivo nos 50s que agora

1 anonimo

Agora mesmo, se sacan as pensións non contributivas, do sistema de pensións contributivas, o sistema estatal de pensións, non daría déficit, e o balance galego milloraria moito. A pesares das rebaixas e amnistias a ricos, PePeiros dos últimos tempos.

1 Sixto

Xa, xa. Conhezo o conto. Suponho que na túa familia non hai ninguén nin galeguista, nin nacionalista nin nada polo estilo que che explicara cando pequeno o por qué de moitas cousas. Benvido ao clube dos filhos dos que ganaron a guerra. Ou se cadra fuches dos filhos dos da posguerra que eran totalmente ingnorantes. De todas formas, benvido ao clube. Tiveches mala sorte, como a meirande parte dos habitantes deste país. Nacimos nun país de autistas.