Un menor resulta ferido nun accidente de tráfico en Lalín (Pontevedra)

Un neno de dez anos resultou ferido na tarde deste xoves ao colisionar dous vehículos no lugar de Rodeiro, á altura da parroquia de Albarellos, en Lalín (Pontevedra).

PONTEVEDRA | 24/11/2016 | Actualizada ás 20:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un neno de dez anos resultou ferido na tarde deste xoves ao colisionar dous vehículos no lugar de Rodeiro, á altura da parroquia de Albarellos, en Lalín (Pontevedra).

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 15,15 horas, momento no que o persoal do CAE alertou a Urxencias Médicas e aos Bombeiros do Deza.

A situación tamén foi posta en coñecemento do GES de Lalín, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.

FERIDO NUN ACCIDENTE DE TRACTOR

Por outra banda, un home resultou ferido ao envorcar o tractor co que traballaba no lugar de Outeiro, na parroquia de San Cosme de Piñeiro, no municipio lucense de A Pastoriza.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 12,30 horas, cando o operario estaba a acceder á parcela cando sufriu o contratempo.

O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou de inmediato a Urxencias Médicas e á Garda Civil.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta