Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2025 | Actualizada ás 19:09
Aitor Bouza renovou este sábado o seu cargo como secretario xeral do PSOE de Santiago, cunha nova executiva que representa unha "idea de equipo, de pluralidade e de servizo público".
Ademais, esa executiva tamén ten certo continuísmo. Así, á fronte da Vicesecretaría Xeral mantén a Marta Álvarez-Santullano; e na Secretaría de Organización, Administración e Acción Electoral seguirá Laura Requejo.
O equipo complétano: Guadalupe Rodríguez Silva na Secretaría de Igualdade e Cultura; Brais Rodríguez á fronte da Secretaría de Sanidade, Política Social e Formación; Jesús Peón Otero na Secretaría de Promoción Económica, Comercio, Hostalaría e Turismo; e Francisco Javier Cardama encabezará a Secretaría de Innovación, IA, Transformación Dixital e LGTBI.
Pola súa banda, á fronte da Secretaría de Educación e Universidades estará María Pereira López; a Secretaría de Participación cidadá, Veciñanza e Medio rural será de María Isabel Gómez Cambón; da Secretaría de Deportes e Políticas Saudables estará á fronte Gabriel Rama Rodríguez; a Secretaría de Análise, Prospectiva e Memoria Democrática encabezaraa Isaac Buergo Almirón; e á fronte da Secretaría Executiva estará Pedro Branco.
Nun comunicado, Bouza sinalou que é "unha honra inmensa" volver ser proclamado secretario xeral e, "por encima de todo, é unha mostra" do que os socialistas "son capaces de facer cando camiñan xuntos".
Desta forma, criticou que Santiago "vive unha parálise que doe" cun goberno municipal "sen proxecto, sen rumbo e sen palabra". Así, fronte a iso incidiu en que os socialistas "teñen que ofrecer alternativa". "Temos que seguir sendo o partido que transforma, que escoita e que actúa", subliñou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.