O médico vigués Jesús Devesa, distinguido como 'investigador altamente citado' pola repercusión dos seus traballos

O médico vigués Jesús Devesa, catedrático de Fisioloxía Humana pola Universidade de Santiago de Compostela, foi distinguido como 'investigador altamente citado' en 2016 pola repercusión dos seus traballos, particularmente no ámbito da hormona do crecemento.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2016 | Actualizada ás 18:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O médico vigués Jesús Devesa, catedrático de Fisioloxía Humana pola Universidade de Santiago de Compostela, foi distinguido como 'investigador altamente citado' en 2016 pola repercusión dos seus traballos, particularmente no ámbito da hormona do crecemento.

En concreto, o director científico da Fundación Foltra --un centro sanitario de rehabilitación neurolóxica situado a escasos quilómetros de Santiago-- foi recoñecido pola compañía Thomson Reuters debido a que o seu traballo é "un dos máis valiosos e significativos no seu campo".

De feito, segundo a comunicación remitida pola multinacional, á que tivo acceso Europa Press, "moi poucos investigadores" logran esta distinción, de modo que felicitou o doutor tanto polo recoñecemento coma polas "súas contribucións ao avance do descubrimento científico e a innovación".

Finalmente, Thomson Reuters salienta que Jesús Devesa figura no un por cento do ranking de investigadores máis citados no seu campo, polos seus traballos relativos á recuperación das capacidades en pacientes que sufriran dano cerebral.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta