Denuncian a contaminación de espazos naturais cunha limpeza colectiva

Adega, Contramínante e Senda Nova realizaron unha limpeza de areais na Costa da Morte e critican o mal estado dalgunhas paraxes naturais.

Por Galicia Confidencial | Cee | 28/11/2016 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Esta fin de semana foi de limpeza e reivindicación do noso patrimonio natural cunha acción directa sobre varias áreas de gran valor paisaxístico. No marco da V Limpeza Simultánea de Praias e Lagoas Litorais de ADEGA, as entidades Contramínante e Senda Nova,  tamén se uniron a esta acción.

Contraminate e Senda Nova na Limpeza da Lagoa de Traba
Contraminate e Senda Nova na Limpeza da Lagoa de Traba | Fonte: QPC

Así, unha vintena de voluntarios animáronse a aproveitar o sol para facer unha limpeza de dous dos espazos con máis valor ambiental da Costa da Morte. Unha ducia de persoas das entidades Contraminate e Senda Nova xutáronse á beira da lagoa de Traba mentres polo sur, voluntarios de ADEGA facían o propio na lagoa das Xalfas, en Louro.

Só na lagoa laxense o total de material recollido supera os 200 kg. Entre o lixo retirado destacan os plásticos, bidóns, madeira, produtos metálicos diferentes restos de artes de pesca, así como rodas ou electrodomésticos.

Os cativos de Fisterra

Non foron as únicas entidades que se animaron a coidar a natureza. Os pequenos do CEIP de IES Fin do Camiño tamén participaron da limpeza acodindo á praia de Sardiñeiro a retirar o lixo máis contaminante.

Mozos do IES Fin do Camiño limpando o areal de Sardiñeiro
Mozos do IES Fin do Camiño limpando o areal de Sardiñeiro | Fonte: QPC

Denuncias

Contramínante e Senda Nova denunciaron nun comunicado dirixido a Portos de Galicia, a Demarcación de Costas, ao Concello e á Confraría de Pescadores de Laxe o “sucio estado do porto e da praia". Po iso, solicitaron que poñan medidas para conseguir un cambio de prácticas e de conciencia no sector do mar, "así como en toda a poboación para reducir os residuos na costa e evitar o deterioro do noso litoral”.

Dende as entidades ambientalistas denuncian “as malas prácticas no tratamento dos residuos no porto de Laxe. De acotío no peirao hai acumulacións de cordas e lixo pequeno que non se recolle, procedente das labores de limpeza e mantemento das redes. O vento encárgase de levar os restos de cordas botando todo ao mar para que as ondas as depositen na praia. Porto, auga e praia convértense nun mar de plástico”.

Así, criticaron que os problemas asociados á presenza deste lixo nas  praias “causa perdas económicas, provocando a diminución da pesca e do atractivo turístico e recreativo das nosas costas, supoñendo un gasto de limpeza para as administracións”.

Coa colaboración de QPC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta