Achado no xacemento da Lanzada un puñal que podería datar do século IV antes de Cristo

Os arqueólogos consideran que a súa antigüidade pode oscilar entre a Idade de Ferro e a Idade de Bronce.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/11/2016 | Actualizada ás 15:50

Comparte esta noticia

O equipo arqueolóxico da Deputación de Pontevedra encargado da escavación na Lanzada atopou un puñal que podería datar do século IV antes de Cristo. Os expertos consideran que a súa antigüidade pode oscilar entre a Idade de Ferro e a Idade de Bronce.

Puñal atopado no xacemento da Lanzada que os expertos datan arredor do século IV a.C.
Puñal atopado no xacemento da Lanzada que os expertos datan arredor do século IV a.C. | Fonte: Deputación de Pontevedra.

Os especialistas aseguran que a situación do puñal "é unha novidade", por atoparse nun espazo alleo ás residencias. De feito, o persoal que traballa no depósito cre que o puñal, que apareceu xunto con artefactos do século II antes de Cristo "malia que é moi anterior" a esa etapa, é "unha especie de reliquia que quizais se situou nese espazo concreto por unha cuestión votiva".

Neste depósito fóronse atopando numerosos vestixios, entre os que destacan 15 esqueletos, broches para suxeitar a roupa e gravados. Ante a "grande cantidade" de pezas atopadas, os arqueólogos cren que este asentamento tiña unha orientación comercial.

Debido aos materiais que están a aparecer "a diario" neste lugar, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, confirmou que os traballos no campo da Lanzada "continuarán ata o mes de xaneiro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Nexus 6

Os "galegos" que fixeron este puñal ¿falaban galego ou tiñan outra língua propia? ¿Qué sería dalgúns sin o galeguiño ou se alguén atopara algún vestixio que demostrase a orixe dunha língua "propia" no territorio que hoxe chamamos Galicia? ¿Qué faría a Mesa?

1 tostóns non

Que ttonto eres... Máis nación aínda. Demostraría que non temos que ver nada cos españois. Os estudos xenéticos modernos xa o demostran por moito que a historiografía española o negue.