La Voz inicia unha reestruturación da súa división audiovisual

Pecha o seu programa máis exitoso, Vía V, que dirixía a directora da canle, Fernanda Tabarés, e que destacaba polo seu gran pluralismo político O grupo suliña que a decisión débese a que se pretenden impulsar os contidos dixitais.

Por Xurxo Salgado | A Coruña | 01/12/2016 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O Grupo Voz acaba de iniciar unha reestruturación da súa división audiovisual que tivo como primeiro chanzo a supresión do programa Vía V, que dirixía a directora da canle, Fernanda Tabarés,  e que era o programa máis visto da canle desde que comezou, en 2010.

Fernanda Tabarés, presentadora de Vía TV
Fernanda Tabarés, presentadora de Vía TV | Fonte: Vtelevisión

Día triste hoy. Se cierra la ventana del VíaV. Gracias por 1128 noches de periodismo y emoción📝💜. Nuestro compromiso sigue intacto. #FinVíaV”. Era o que escribía, precisamente, Tabarés nas súas redes sociais sobre o peche do seu espazo que chegou a ter cotas de pantalla de case o 3%. Unhas cifras escasas pero moi superiores ao 0,3% de media que tiña toda a canle.

O peche deste programa responde, segundo a dirección do grupo, a unha reestruturación da programación e tamén da propia V Televisión. Fontes do Grupo Voz destacaron a GC que o obxectivo agora e crear unha “gran plataforma dixital” na que teñan “máis e mellor encaixe” os contidos da división audiovisual da canle. Unha decisión que tamén afectará a outras patas do grupo, como Radio Voz. “Trátase de mantelo todo pero con contidos máis propios para utilizar no mundo dixital”, indicaron.

Sobre o peche do programa indicaron que xa levaba “moito tempo no aire” --esta era a súa 7ª tempada-- e “todo ten un límite”. Ademais, suliñaron que a realización deste programa “consumíalle moito tempo” a súa presentadora, Fernanda Tabarés, que é a directora da canle. “Ela ten que dirixir a TV e iso quitáballe tempo”, suliñaron estas fontes da dirección.

Outras fontes consultadas e colaboradores habituais do espazo de Fernanda Tabarés vinculan o peche deste programa a cuestións políticas. “A Feijóo non lle gustaba ter un programa con tanta pluralidade como este”, suliñan. Tamén vinculan a decisión co “enfriamento das relacións” entre a directora da canle e o presidente do grupo. De feito, a xornalista xa non publica desde hai algún tempo a súa habitual columna dos domingos na contracapa do medio.

O presidente do Banco Pastor,  Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey
O presidente do Banco Pastor, Ángel Ron Güimil; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o propietario do Grupo Voz, Santiago Rey | Fonte: Xunta

Un medio que xera “grandes perdas”

Segundo puido saber GC existe un escrito remitido á dirección do grupo que apunta á necesidade de cambiar radicalmente, precisamente, a división audiovisual do grupo Voz e, concretamente, a súa televisión polas “enormes perdas” que lle xera.  Así, recomendaba ou o peche da canle, ou a súa total reestruturación

V Televisión comezou a emitir en maio de 2010, tras obter a súa licenza en 2005 do goberno de Manuel Fraga en funcións. Chegou a ter máis de medio cento de traballadores e depende de Medios Audiovisuales de Galicia SL que explota, entre outras, Voz Audiovisual, Radio Marineda e Radio Voz. De feito, Voz TV está integrada en Medios Digitales de Galicia SA.

Na posta en marcha de V TV foi fundamental o apoio da xa desaparecida Caixa Galicia e de Fadesa. O ex presidente da caixa José Luis Méndez e o empresario Manuel Jove participaron moi activamente na súa posta en marcha a traves de CXG que aportou boa parte do capital de Voz TV.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

12 JL Pontevedra

Adiante Fernanda e equipo de via V , sodes moi boas periodístas . Deprime ver o oco que deixachedes na tv na franxa de noite , o panorama é para chorar, realities cutres e debates anémicos . Non entendo tanta inquina dalgúns comentaristas .

11 Roque Vilariño

Que na próxima merenda de La Voz os do BNG e os das Mareas de Podemos pidan que siga Fernanda e opinadores. Que a Pontón e o Villares poden facer algo máis que ir a aplaudir ao señorito coruñesista entregado a falar ven do PP. Tanto servir a un amo que te despreza xa abonda! Ou que pidan un debate plural na TVG, que ter colocados do partido de turno no consello do ente so para chupar non é de recibo! Que se retiren senón se atende, quedando sen mamadurria... Iso doe!

10 Bufffff

Era un programa de tanta calidade q últimamente a presentadora dáballe por ensinar o canalillo e parte das lolas, e parece q nin con esas conquería audiencia. Eso si, canto radicaliño hai, inimigo da Voz --non son santos, eh--, está de loito. Era visto, ¿ou alguén cre normal cuspir na man que che da de comer?

9 Estralampa

A política lingüistica do programa era proprio de Galicia Bilingüe e a representação das alternativas políticas (partidarias ou não) era moi limitada e nesgada em termos proporcionais cara o neoliberalismo rampante. Mais era o melhor programa de debate nos meios na Galiza e o mérito é de F. Tabarés e da súa equipa. Os meus parabéns polo seu trabalho, seguro que em condições difíciles. A ver que é o que dim esses convidados que demonizarom Cuba e Venezuela hai só uns dias, esgrimindo a suposta liberdade de imprensa neste país, que não é mais que froito dos seus magins e estómagos agradecidos. E imos ficando sós, a Galiza, os irredentos, e mais Nós(TV) (;-)

8 Gamela

Rematou un dos mellores programas de Galicia Cando queremos somos quén de facer ben as cousas... e sobre todo non temos complexos nin farrapos de gaita colgando !!! Somos como somos e poderíamos seguir sendo... se nos deixaran