O artista catalán David Calle gaña o XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica que convoca a Deputación da Coruña

A obra '150 horas' do artista catalán David Calle Cañadell gañou o XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica que convoca a Deputación da Coruña, tras ser seleccionada polo xurado a súa obra entre as 120 presentadas ao certame, segundo informa a institución provincial.

A CORUÑA | 01/12/2016 | Actualizada ás 18:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A obra '150 horas' do artista catalán David Calle Cañadell gañou o XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica que convoca a Deputación da Coruña, tras ser seleccionada polo xurado a súa obra entre as 120 presentadas ao certame, segundo informa a institución provincial.

Para o xurado, a obra gañadora "cobra poder" dende o silencio e a minuciosidade". "O enigma sérvese dun grafismo que fala do paso do tempo e o proceso para comunicar o seu proxecto", engade no seu veredicto.

Entre as 120 obras que concorreron ao concurso, o xurado elixiu tamén tres accésits para as obras 'Asentimento irregulares', de Rubén Morales; 'Diáfora', de Carmen Jiménez e 'Drypoint on Zerkall Bütten', de Michael Paul.

O gañador, David Calle, naceu en Lleida en 1993 e reside en Terrassa (Barcelona). Estudou Belas Artes nesta cidade e especializouse en gravado. Realizou exposicións individuais en Almería, Lleida e Berlín, entre outras localidades.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta