Un grupo de 65 integrantes da cultura galega levan a Bruxelas a situación do sector da man de AGEe

Unha delegación formada por 65 persoas pertencentes ao sector cultural galego viaxarán esta semana a Bruxelas da man de AGE Europa para visibilizar a situación do sector e denunciar as "agresións" que sofre.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/12/2016 | Actualizada ás 07:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha delegación formada por 65 persoas pertencentes ao sector cultural galego viaxarán esta semana a Bruxelas da man de AGE Europa para visibilizar a situación do sector e denunciar as "agresións" que sofre.

A visita, que terá lugar a partir deste martes, prodúcese no marco dunhas xornadas de exposición e debate organizadas pola eurodeputada Lídia Senra.

A delegación estará formada por persoas de diferentes ámbitos da cultura galega, entre os que están os músicos Uxía Senlle, Abe Rábade e Sergio Tannus; o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Carlos Ares; os directores Luís Avilés e César Souto; as escritoras Chus Pato, Oriana Méndez e Teresa Moure; membros da escena galega como Belén Pichel ou Roberto Pascual e representantes de colectivos como Fundación Uxío Novoneyra ou Muimenta.

As actividades comezarán o martes pola tarde, cunha gala de benvida no Centro Galego de Bruselas, no que, baixo o título 'Europa, capital Galiza', se sucederán diferentes presentacións e actuacións artísticas.

O mércores darán inicio as xornadas de debate e revindicación no Parlamento Europeo, que se prolongarán ata o xoves a mediodía. Así, en diferentes mesas abordaranse cuestións como a creación e distribución cultural galega, os dereitos da cidadanía a acceder á cultura, a produción en lingua galega ou o patrimonio cultural.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta