O BNG pide unha "harmonización fiscal" na UE que evite prácticas para eludir impostos "como a de Inditex"

A voceiro do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, considerou necesario que "se harmonicen os sistemas fiscais" da Unión Europea para "evitar prácticas de elusión fiscal" como a denunciada este xoves polo grupo dos Verdes-ALE na eurocámara sobre Inditex.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/12/2016 | Actualizada ás 14:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A voceiro do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, considerou necesario que "se harmonicen os sistemas fiscais" da Unión Europea para "evitar prácticas de elusión fiscal" como a denunciada este xoves polo grupo dos Verdes-ALE na eurocámara sobre Inditex.

Así pronunciouse a dirixente nacionalista en declaracións a Europa Press tras coñecerse un informe elaborado polos Verdes-ALE, no que acusan ao grupo téxtil galego de eludir o pagamento de preto de 600 millóns de euros en impostos nos últimos cinco anos entre 2011 e 2014 grazas ao deseño dunha enxeñaría fiscal "agresiva".

"Nel próbase que houbo unha elusión fiscal de impostos de 585 millóns de euros, en concreto, en Irlanda, nos Países Baixos e en Suiza, sinalou Ana Miranda, que explicou que esta elusión se realiza a través de "empresas subsidiarias que empregan mecanismos de enxeñaría financeira".

Por iso, para a dirixente nacionalista, o documento presentado este xoves "demostra que se crean unha serie de estruturas para ter vantaxes e non pagar impostos onde tiñan que pagalos, neste caso onde teñen a empresa matriz, no Estado español".

Por iso, a voceiro do BNG en Bruxelas considerou a "falta dunha harmonización fiscal a nivel da Unión Europea pon en evidencia que se estea a permitir que este tipo de macroempresas poidan eludir".

"Para nós é fundamental que haxa transparencia por ser unha empresa galego e queremos que comparezan sobre este tema inmediatamente", resolveu a dirixente do BNG, formación que integrará o seu escano en 2018 no grupo dos Verdes/ALE.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Amigos para siempre

Lembrades o abrazo do Beiras e do Camilo con Amancio Ortega, os dous do BNG daquela. E a declaracións de fillo predileto, co BNG apoiando. Pois iso, amamantades e abrazades expoliadores e grandes especuladores, agora non tedes credibilidade! Tarde piades!

1 Xonc

Bo traballo e boa proposta do BNG. Por certo, Ana Miranda sería unha candidata perfecta á Alcaldía de Vigo. Muller, experiencia, traballadora, boa imaxe pública... O PSOE e a Marea só poden baixar (traballo moi pobre ata o de agora) e PP (van poñer toda a maquinaria a funcionar) e BNG (veñen do caos e están remontando con novas caras e ideas frescas -AP9 ou ésta por exemplo-) só poden subir.