Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este luns que está "absolutamente tranquilo" en relación coa aparición do seu nome nun listado de persoas que, supostamente, recibiría regalos por parte do dono do Grupo Monbus (investigado por suborno na Operación Cóndor), e aseverou que este "asunto se disolverá por si só".

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press.

Así o manifestou, en declaracións aos medios, tras participar nunha xornada celebrada en Vigo, con motivo do 30 aniversario do xornal Expansión. Tras o acto, e a preguntas dos xornalistas sobre a suposta recepción deses agasallos (botellas de viño por valor de máis de 2.000 euros), Núñez Feijóo repetiu que non coñece máis que as "filtracións parciais" dun informe de Vixilancia Aduaneira publicadas por varios medios informativos, entre eles, GC.

En todo caso, e sen recoñecer nin negar que recibise os obsequios, o presidente galego insistiu en que está "absolutamente tranquilo", e incidiu en que os propios medios de comunicación publicaron que o empresario investigado, Raúl López, "afirma que está decepcionado" porque o titular da Xunta non lle recibía "e dicía que tiña unha relación fría" con el. "Non teño moito máis comentario que facer", engadiu Feijóo.

Así mesmo, recordou que "vendo que este tipo de cuestións empezaban a ter distintas interpretacións" o Goberno galego aprobou en 2014 un código ético que impide aos cargos e funcionarios públicos recibir "ningún tipo de atención" por valor superior a 90 euros. "Estamos a cumprir ese código de forma estrita", engadiu.

"En relación con filtracións totais ou parciais, síntome absolutamente tranquilo, como non pode ser doutro modo. Ese asunto concrétase por si só, e supoño que se disolverá por si só", concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pachi L

E este ano que? .Outra vez Vega Sicilia?