Villares confirma que aspira a ser o referente dunha marea plural

A coalición rupturista está a debater este sábado o seu futuro como organización. A posíbel creación dunha portavocía nacional é un dos puntos sobre a mesa, asunto sobre o que hai posturas diverxentes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/12/2016 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, asegurou que se o regulamento que saia este sábado do plenario que o partido instrumental celebra en Santiago o permite "conformará" unha candidatura para poñer "voz" ao proxecto de unidade popular, a dirección da cal é plural e "exerce toda a dirección".

Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo
Ferreiro, Villares e Beiras no plenario de En Marea en Vigo

Así se pronunciou en declaracións aos medios de comunicación, aos que recordou que "non hai ningunha dúbida" sobre o liderado de En Marea, que "exerce toda a organización". Neste sentido, subliñou que no plenario deste sábado, "todo o mundo poderá expresarse con liberdade" sobre o regulamento político e o documento organizativo. "Hoxe todos somos inscritos que imos expresar a vontade de avanzar nun proxecto mellor para este país", indicou.

Con todo, recordou que, xa os documentos de Vigo marcan que a representación das voces de En Marea "sexa plural". "Vai haber unha pluralidade, sempre houbo esa pluralidade, polo tanto, o feito de que existan portavocías non implica que non vaia haber pluralidade en todo momento", apuntou.

Neste punto, volveu sinalar que el ocupará o lugar que a formación "queira", "igual que o foi ata agora". "Ata agora a miña función foi ser unha persoa de consenso que xuntase todas as sensibilidades do conxunto da marea, que buscase a conciliación fronte á tensión", indicou.

Asistentes ao plenario de En Marea en Vigo
Asistentes ao plenario de En Marea en Vigo
Luis Villares fala coa prensa antes do plenario de En Marea en Vigo
Luis Villares fala coa prensa antes do plenario de En Marea en Vigo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 rabachol

Parece que a Yoli Procesiones e ó seu amiguiño Toné saiulles o tiro pola culata

1 comunista independentista

Bloqueiros a ladrar en 3, 2, 1...

1 Nefelibata

Non ho, non. En realidade estes xa non lles interesan a ninguén. Poderán seguir colleitando votos polo apoio mediático dos medios afíns a Podemos (eses que tanto vos gustan e vos dan as consignas para o resto da semana), pero nunca gobernarán nada... E máis:Nin sequera saben que Villares, dalgunha maneira é a única esperanza. Nin isto saben! Pobriños. Por certo, eu non son bloqueira, malia que os votase en numerosas ocasións, pero eu non ladro: miaño. https://www.youtube.com/watch?v=Vlj...