Descoñecidos derruban o monumento á Semana Santa de Ferrol

A figura de bronce que representa a un capuchón, apareceu tirada na rúa Real este venres pola noite. A Policía Local retirouna da rúa por seguridade.

Por E.P. | Ferrol | 24/12/2016 | Actualizada ás 12:44

Comparte esta noticia

O monumento á Semana Santa de Ferrol, situado na rúa Real, foi localizado este venres pola noite  sobre a vía pública, logo de que un grupo de descoñecidos lograse despegalo do pavimento e deixalo na zona na que se atopaba instalado, nas proximidades da Praza de Armas.

Inauguración da escultura adicada á Semana Santa en Ferrol que custou 20.000 euros
Inauguración da escultura adicada á Semana Santa en Ferrol que custou 20.000 euros | Fonte: galiciadixital.com

Neste lugar foi colocado no ano 2015, á altura do número 101, nun lugar polo que transitan todas as procesións da Semana Santa.

Axentes da Policía Local de Ferrol compareceron de inmediato no lugar, onde en colaboración con algúns cidadáns lograron poñer en pé a estatua que representa a figura dun confrade, e que é coñecida xa popularmente como 'capuchoncito'.

Pero debido a que este monumento realizado en bronce non quedaba o suficientemente seguro na rúa, xa que antes do acto vandálico estaba pegada ao pavimento cunha resina, decidiron utilizar a grúa municipal para o seu traslado a dependencias do Concello de Ferrol á espera de poder restituila ao seu lugar orixinal e quedar de novo ancorada ao chan.

ZONA MOI TRANSITADA

O derrubamento desta estatua produciuse nunha das zonas máis transitadas de Ferrol, xa que a rúa na que se asinta é a máis comercial da cidade, sendo ademais esta época do ano, en véspera de Noiteboa, un dos lugares de paso máis frecuentado.

Tras o incidente foron moitos os cidadáns que se viron sorprendidos por este suceso e, entre os que compareceron no lugar, hai que destacar a figura do presidente da Xunta Xeneral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol, César Carreño, que xa condenou este acto vandálico.

Pola súa banda, boa parte do Goberno municipal que preside Jorge Suárez (FeC) e dos grupos da oposición decatáronse da noticia durante a cea de Nadal que os políticos locais mantiñan con traballadores dos medios de comunicación.

O monumento á Semana Santa de Ferrol foi instalado en marzo de 2015, sendo a figura, realizada en bronce, obra do artista local José Rubio Gascón. O seu custo, de 20.000 euros, foi sufragado polo Concello de Ferrol, naquel momento con José Manuel Rey Varela (PP) como alcalde.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Antiburras

Xa deu orde Yoli Procesiones de que o repuxeran canto antes

3 Cris Romero

O alcalde rebelde que fuma na bañeira co de Cultura, xa anunciou que iba repoñelo axiña

2 Mariño Carreño

O mamarrachito de Rey Varela foi derrubado. ALÉGROME

1 Liberados de COOO

Seguro que non foron Procesiones nin os demais subvencionadores que fuman na bañeira.