Temas: SAHARAUí VIGO

Concentración en Vigo polo xuízo "arbitrario" a 25 activistas saharauís

Os activistas foron detidos en 2010 durante o desmantelamento do campamento Gdeim Izik, nos arredores de El Aaiun (Sáhara Occidental).

Por E.P. | VIGO | 26/12/2016 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Representantes de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, de En Marea, BNG, IU, CIG, CC.OO., UGT e outros colectivos, concentráronse este luns fronte ao Museo MARCO de Vigo para mostrar o seu rexeitamento ao xuízo "inxusto e arbitrario" que se celebra contra 25 activistas saharauís detidos en 2010 durante o desmantelamento do campamento Gdeim Izik, nos arredores de El Aaiun (Sáhara Occidental).

Concentración a favor de presos saharauís en Vigo
Concentración a favor de presos saharauís en Vigo | Fonte: EP

Os activistas foron xa xulgados e condenados por un tribunal militar, pero a vista anulouse ante as presións internacionais, e este luns volven enfrontarse a un tribunal civil de apelación en Marrocos.

Os colectivos convocantes da protesta denunciaron que esas persoas foron detidas de forma inxusta e arbitraria, nun contexto de "constante vulneración dos dereitos humanos" por parte do goberno marroquí, que "incumpre as resolucións da ONU".

Ademais, criticaron a posición do goberno de España, por "mirar a outro lado" a pesar da súa "responsabilidade" como administradora dese territorio durante máis de 40 anos.

Por iso, mostraron a súa solidariedade con eses activistas, que permanecen en prisión, e reclamaron a anulación deste xuízo, ao tempo que expresaron a súa condena polas accións violentas cometidas por Marrocos nese e outros campamentos do Sáhara Occidental contra persoas "que defenden pacificamente" a súa autodeterminación.

Temas: SAHARAUí VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta