A Xunta destaca que "se consolide" a posición de Navantia na eólica mariña como "locomotora" para Galicia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destaca que a sinatura do contrato para a construción de 42 'jackets' do parque eólico mariño East Anglia One serve para "consolidar" a posición de Navantia no campo 'offshore', "un sector que permite diversificar a compañía e no que Navantia está a actuar como locomotora en Galicia".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2017 | Actualizada ás 19:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destaca que a sinatura do contrato para a construción de 42 'jackets' do parque eólico mariño East Anglia One serve para "consolidar" a posición de Navantia no campo 'offshore', "un sector que permite diversificar a compañía e no que Navantia está a actuar como locomotora en Galicia".

Segundo trasladou a Consellería a Europa Press, o East Anglia One, que se une aos proxectos no campo 'offshore' Hywind e Wikinger, "complementa a actividade do naval ferrolano, que día a día está a avanzar na súa recuperación".

De tal forma, remarca que a eólica mariña serve para "potenciar a innovación na industria naval galega", así como para "mellorar a competitividade do sector do metal".

A isto suma contratos como os dous buques de aprovisionamento en combate (BAC) australianos; o buque de acción marítima ou os bloques dos petroleiros de Ondimar.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta