O BNG di que o seu resultado nas autonómicas foi "bo" e que as mareas pecan de "debilidade"

Nas conclusións do Proceso Adiante, o Bloque recoñece que "nos últimos anos foi instalándose unha imaxe social negativa do BNG". Con todo, para a próxima asemblea non prevé nin un cambio de siglas nin mudar a estratexia de non coaligarse coas mareas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/01/2017 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O BNG reafírmase como "forza con vocación de ser a organización unitaria do nacionalismo" e ve posible "abrir unha nova etapa" arredor da "figura emerxente" da súa voceira nacional, Ana Pontón, tras o resultado das pasadas eleccións autonómicas. Ademais, non se formula abordar un posible cambio de siglas.

Presentación do proceso Adiante na sede do BNG
Presentación do proceso Adiante na sede do BNG

"IMAXE SOCIAL NEGATIVA DO BNG"

Estas son algunhas das cuestións que se recollen no documento coas conclusións do 'Proceso Adiante', iniciado co obxectivo de comezar a refundación da formación tras a XV Asemblea Nacional e no marco do cal se celebraron unhas 120 asembleas nas que participaron unhas 2.000 persoas, segundo os datos do BNG.

Este documento elaborado polo BNG coas achegas das súas bases condicionará o relatorio oficial da próxima asemblea que a formación nacionalista celebrará os días 25 e 26 de marzo e que, segundo explicou Ana Pontón, suporá a "culminación" deste "proceso de debate sen precedentes".

"Con toda prudencia, e asumindo que a nosa marca tamén ten asociados valores positivos, entendemos que pode afirmarse que, en liñas xerais, nos últimos anos foi instalándose unha imaxe social negativa do BNG", indica a formación no texto.

"NOVO PUNTO DE PARTIDA" TRAS UN "BO RESULTADO ELECTORAL"

Con todo, o documento sinala que as eleccións galegas do 2016 marcaron "un novo punto de partida" e "abren unha ventá de oportunidade para construír a imaxe positiva e con futuro do novo Bloque Nacionalista Galego".

Deste modo, indica que a "sensación dun BNG aberto, inclusivo, solucione, rigoroso e beneficioso para unha grande maioría transversal" na sociedade galega, con "novas persoas referentes públicas", "axudou a conseguir un bo resultado electoral e permite afondar a partir del na construción do novo proxecto do nacionalismo".

Neste escenario, asegura que "o reto está en saber aproveitar o contexto para reforzar a percepción do tempo novo que se abriu" no Bloque Nacionalista Galego. Ademais, indica que este contexto político aberto en Galicia despois dos comicios autonómicos presentan "interesantes oportunidades" para o BNG.

Así, indica que "tanto a debilidade estrutural e as contradicións internas da Marea así como "o conflito interno aberto no PSdeG" permitirán "afianzar a polarización vivida na campaña electoral entre o Bloque e o Partido Popular".

Todo iso, segundo conclúe o Bloque no texto, mostra "unha oportunidade de abrir unha nova etapa arredor da figura emerxente de Ana Pontón".

APERTURA PERO NON COALICIÓNS CON FORZAS DE ÁMBETO ESTATAL

Nesta nova etapa, o BNG considera que o nacionalismo debe ser entendido como un "proceso que solo poderá culminarse" se as forzas políticas que se declaran nacionalistas "respectan o principio de auto organización".

En calquera caso, a formación frentista sinala que "ten vontade de impulsar distintos pasos que permitan avanzar neste proceso" e, entre outras cuestións, ábrese "a novas incorporacións colectivas e individuais" e móstrase disposta a "chegar a acordos electorais con forzas e colectivos de ámbito galego".

Ademais, sinala que nesta nova etapa o BNG non se dirixirá "unicamente" ás persoas nacionalistas, senón "á grande maioría social" que "quere vivir nun país xusto, próspero, moderno e con futuro".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

12 adiante ana

Adiante co BNG. Todo o mundo está convidado á participar neste proxecto. Con tódolos erros, segue a ser a única forza nacida e criada no País. Cant@s máis sexamos, máis realista e realizable será.

1 Susavila

Nascido, criado e amamantado no país hai muito impresentável. Procura um argumento melhor! A realidade, com dor para os crentes ou por decência para os que deixamos de acreditar por merecimentos próprios: o BNG já foi.

2 FUI_Yo

Non é só Ana, o BNG ten moita xente de valer. Son os únicos que teñen un plan para Galiza. Os demáis (lamentablemente) ou non teñen ideas (caso das mareas) ou só teñen as que lles veñen de fora. O que tentaron levar adiante no goberno do bipartito: pechar o ciclo do papel, aproveitar o pulo do seitor naval para habilitar Fene, o Bantegal, a difusión do software libre, o pulo á cultura propia como xeradora de cartos, o plan eólico con máis beneficios para os concellos, achegándose ós niveis dos Paises Baixos, Dinamarca etc. foi histórico. O que chegou logo foi a mentira, control dos medios, lei mordaza, emigración, miseria, falla de ideas e desemprego. Teñen éxitos para amosar, coma o dos seus concellos e os niveis de creación de emprego e habilitación de solo industrial récord neste país, cunha tasa de desemprego que nalgún ano foi menos da mitade do que é agora etc. Alguén o fixo millor? Veña, trolls PPSOEIROS, traballade un pouco.

3 Amigos para siempre

Bloqueado, non fales mal do PsoEspañol: non mordas a man que che dá de comer! Os medios, meu rei da impostura, recibiron do bipartito e receben hoxe do BNG igual que chupan do Partido Podre, sen critérios públicos nin transparencia. Sodes parte do noxento sistema, e xa non hai como tapalo! E as Mareas de Podemos? O mesmo, tamén, igualmente... E o de alguén fixo mellor non significa que o fixeran ben, só que destacaron un pouco dentro do desastre xeral (dirias o mesmo de mellor alcalde para Noriega, Ferreiro... ou non te atreves?). Atribuir a boa taxa de paro ao bipartito, anda con coidado coas tazas... Satisfeito con argumentos ridículo! Ou ben pagado!

4 FUÍ_YO

DEMOSTRAR non é ESBARDALLAR, como fas ti co teu SÁLVAME DE LUXO. Recibir cartos nos medios non sinifica que se altere a información, como se fai agora cos casos de Diana Quer, desemprego, emigración, sancións europeas ou un plan eólico ilegal, por poñer algúns. Poden ser, e foron moitas veces, para promover o galego nos medios, que a día de hoxe desapareceu práticamente (verifícao ti mesmo se sabes ler). A baixada récord do paro, MILLOR QUE A MEDIA DE ESPAÑA é un mérito total do bipartito pola creación de solo industrial, entre outras cousas. E xa para rematar, non adoito criticar por criticar: Noriega e Ferreiro están a escomezar goberno, hai que darlles tempo. De Noriega o único que vin ben e sair da PPodredumbre en Santiago, vergoñenta para todos os galegos; de Ferreiro as touradas sen financiación do concello. Porén o que se bota de menos do seu partido sempre será un plan xeral para Galiza, algo que ten moi nidio o BNG.

11 Currante

Bravo Ana, unha política de verdade , disposta a traballar e a sentarse a falar con quen sea para explicarlle o seu obxectivo, vai comprando un paraguas porque vanche caer de todos lados, dereitas, esquerdas, españolistas, machistas, pseudo nacionalistas... Queda moito que facer e moitos erros que remendar pero estamos na boa dirección grazas a xente como vós.

1 Amigos para siempre

E, sobre todo, vanche caer moitas críticas de persoas decentes. Nada a ver cos aplaudidores, servos do negociado do partido, aspirantes a mantidos, criados do aparato... que hoxe adulan a Ana coa mesma fé que nun par de anos aplauden a Feixó. Todo pola graxa! Pola mesma graxa que ti Ana estás na política como único oficio desde adolescente! Bon proveito, que apetito (fame) non falta e escrúpulos non tedes!

10 Galego

Joer canto sabiduría , cada vez que sae unha nova do BNG saltalles o aviso os grandes politicos críticos dende o anonimato claro está, sempre co mesmo, mentiras conxugadad con medias verdades para difamar , o de traballar, axudar e construír iso mellor que o fagan outros que é moi duro.

9 FRPU

Conclusión do "proceso": Cinco anos despois, siguen en Amio.

1 Balbino

Algúns saíron de Amio e seguiron sendo coherentes co seus postulados , outros comeron o pouco orgullo que lles quedaba e metéronse baixo o control españolista por un prato de fabas, e si xa sabemos tod@s que o BNG aínda arrastra deuda que deixaron os mareados fuxidos coa banca española , estase reducindo e pagando puntualmente gracias o esforzo da militancia, namentres os "comunistas mareados" de esquerda unida perdonanlla a cambio de favores de estado, all Black please.

2 comunista independentista

Dáse a circunstancia de que as finanzas do Bloque sempre as levou xente da U, é dicir, xente que continúa dentro. Prova con outra trola, anda.

3 Verdá Chovi

Ademais había contas separadas unha para o Bloque en xeral e outra para os candidatos marchosos que se pagaron eles as súas campañas vía crowfundin. Non deben un peso.

8 Próculo

14/6, xa