Caperuchiña vermella a ritmo de rock

Unha versión musicalizada do clásico de Perrault será representada en Galicia a próxima fin de semana.

Por GC Tendencias | Pontevedra | 09/01/2017 | Actualizada ás 12:53

Comparte esta noticia

A Sede Afundación Pontevedra acolle o vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 20.00 h o espectáculo teatral Red Rock Caperucita, un musical no que se versiona o clásico infantil de Charles Perrault. A seguinte función terá lugar na cidade de Vigo, no Teatro Afundación, o domingo 15 de xaneiro ás 19.30 h. As entradas en ambos os dous casos están dispoñibles a través das canles de venda habituais, como por exemplo en ataquilla.com dende só 15 euros.

Red Rock Caperucita
Red Rock Caperucita

Red Rock Caperucita achega novos factores ao conto orixinal, engadindo valores morais, ecolóxicos, sociais e tamén novos personaxes que, sen desvirtuar a esencia da historia, a compactan como un espectáculo didáctico e emocionante, que difunde unha mensaxe ao espectador á vez que divirte e sorprende. A posta en escena adáptase aos nosos tempos e tradúcese a unha linguaxe habitual entre as novas xeracións, á vez que transmite e reforza uns valores constantes, nunha localización atemporal.

Nesta adaptación fúndense a posta en escena dos artistas coa participación do equipo técnico. Con iso conséguese que o público tome parte activa na representación, participando en decisións, axudando a resolver imprevistos e transportando o espectador dentro e fóra do conto, cunha serie de interrupcións baixo guión que dotan a obra de comicidade e complicidade, sen que por iso se perda o fío argumental. Red Rock Caperucita, no fondo, lévase a cabo case por casualidade e como consecuencia de certos acontecementos que suceden no teatro antes da súa representación. Hai escenarios como bosques encantados, e novos personaxes como Pedro o Valente. O lobo non é un animal, pero non por iso deixa de ser lobo. A avoíña é moito máis que un personaxe da historia... A fantasía rodea a posta en escena ata extremos tecnicamente complexos. Luces, proxeccións, son exquisito e efectos especiais que non dan tregua ao espectador e que, en conxunto, dotan de maxia e emoción un argumento fácil de seguir, con cancións vibrantes, coreografías espectaculares e interpretacións que emocionan ou fan rir. Todo iso, da man dunha Carapuchiña que soña con ser unha estrela do rock.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta