Os vixiantes de Segur Ibérica na Universidade da Coruña suman tres nóminas sen cobrar

O sindicato USO denuncia a "pasividade" da universidade coruñesa, á que acusa de "non actuar coa responsabilidade debida".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 12/01/2017 | Actualizada ás 12:52

Comparte esta noticia

Os vixiantes de seguridade das instalacións da Universidade da Coruña, pertencentes á empresa de seguridade Segur Ibérica, "levan meses acudindo ao seu posto de traballo sen percibir os seus salarios". Así o denuncia o sindicato USO.

A Universidade da Coruña
A Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

O secretario de organización da Federación de Seguridade de USO, Iván Blanco, critica a "pasividade e falta de compromiso na solución do conflito" por parte da Universidade da Coruña, ante a crítica situación na que se atopan estes traballadores, aos que que xa se lles deben tres nóminas, segundo o sinficato.

Blanco tamén recrimina aos responsables da universidade por "non actuar coa responsabilidade debida" e "contratar a outra empresa de seguridade para as súas instalacións, rescindindo de inmediato o contrato con Segur Ibérica por incumprimento do mesmo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta