SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2017 | Actualizada ás 14:33 por EUROPA PRESS
Galicia será sede, entre o 21 e 23 de xuño, o encontro internacional 'Conecta Fiction', o primeiro evento dedicado á ficción televisiva que conectará Europa con América Latina e Estados Unidos.
Este encontro, promovido pola Xunta, o ICEX España Exportación e Investimentos e a Fundación Sgae; reunirá na Cidade da Cultura, en Santiago, aos representantes de cadeas de televisión, distribuidoras e produtoras de ambos os dous continentes e ten previsto ofrecer actividades abertas ao público.
A Casa de Galicia en Madrid acolleu este xoves a presentación do evento ante un grupo de profesionais do sector audiovisual e de xornalistas especializado, un acto que contou coa presenza do director da Agadic, Jacobo Sutil, entre outras autoridades.
Sutil destacou que este encontro conta con "dous elementos diferenciais crave", como son estar "especificamente deseñado e pensado para series e miniseries" e, por outra parte, "dirixirse especificamente a poñer en relación todo o territorio que abrangue Europa, América Latina e o mercado estadounidense de fala hispana".
O director da Agadic destacou a idoneidade de Galicia como anfitriona do Conecta Fiction pola súa situación "xeoestratéxica" como "espazo de conexión intercontinental".
Do mesmo modo, Jacobo Sutil destacou o pulo actual do sector audiovisual galego, que acolle a rodaxe dunha media anual de entre nove e dez series ou miniseries de televisión, exporta as súas producións a outras cadeas e posiciona os seus profesionais en ficcións de éxito a nivel estatal.
ARXENTINA, PAÍS INVITADO
Nesta primeira edición, Arxentina será o País de Honra, de forma que contará coa presenza en Santiago dunha destacada delegación de profesionais e empresas arxentinas baixo a coordinación do seu Instituto Nacional de Cinema e Artes Audiovisuais.
O obxectivo de Conecta Fiction é converterse nunha plataforma audiovisual para o talento, o financiamento e a produción televisiva a través dun programa que dará prioridade á presentación e ao estudio de proxectos de cara á negociación e o peche de acordos de coprodución.
Con tal fin, o evento articularase a través de sesións de 'pitching' de coproducións internacionais, unha axenda de reunións 'one to one', relatorios, debates, mesas redondas, clases maxistrais, proxeccións privadas e estreas internacionais.
O 15 de febreiro abrirase o prazo de inscrición dos proxectos de coprodución, así como o proceso de rexistro de participantes a través da web www.conectafiction.com.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.