Por Galicia Confidencial | Madrid | 12/01/2017 | Actualizada ás 19:12
O presidente do Goberno do Estado, Mariano Rajoy, e o primeiro ministro de Irlanda, Enda Kenny, xuntáronse esta mañá en Madrid. Ao final da rolda de prensa no Palacio de la Moncloa Kenny sorprendeou ao seu homólogo español cunha camiseta da selección galega de fútbol gaélico co nome de Rajoy nas costas
Muy agradecido a mi buen amigo @EndaKennyTD por tan bonito detalle. Lo guardaré con cariño y afecto ;) pic.twitter.com/xQLeulDVWj
— Mariano Rajoy Brey (@marianorajoy) 12 xaneiro 2017
O político pontevedrés -famoso pola súa afección a ver eventos deportivos- agradeceu o agasallo na súa conta de Twitter:
A selección de fútbol gaélico de Galicia é un dos poucos combinados do país que compite ao máximo nivel en ámbeto internacional, esquivando a política do Estado, que prohibe aos conxuntos autonómicos competir en torneos oficiais. Así, os xogadores de fútbol gaélico galegos xa participaron en dous mundiais deste deporte, orixinario de Irlanda. De feito, no último mundial Galicia quedou en terceira posición.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.