Temas: FRANQUISMO NO-DO

O Franquismo utilizou o NO-DO como unha ferramenta de dominación simbólica de Galicia

Construíu unha imaxe estereotipada de música e baile que a investigadora e etnomusicóloga Beatriz Busto nomea como “Galaiquista”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 19/01/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

O NO-DO funcionou como unha ferramenta audiovisual franquista na que se construíu unha imaxe cultural estereotipada de Galicia onde a música e o baile xogaron un papel central no exercicio da dominación simbólica de Galicia fronte a España franquista. 

Imaxe de mulleres co traxe típico galego no NO-DO
Imaxe de mulleres co traxe típico galego no NO-DO | Fonte: RTVE

Esta é unha das principais conclusións da tese presentada pola etnomusicóloga e investigadora Beatriz Busto que mantén que ese uso discursivo do estereotipo do galego, acuñado por ela mesma como discurso “Galaiquista”, foi utilizado no exercicio simbólico da dominación de Galicia.  Máis no portal Historia de Galicia

Temas: FRANQUISMO NO-DO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Nefelibata

Na miña terra diante de "descubertas" tales din con moita admiración "ohhhhh"! Sodes únicos. Confésoo: non podo vivir sen vós.