Temas: INTERNET

Até 1.000€ por ensinar ou opinar nun vídeo en galego

Ourense acolleu esta mañá a presentación dunha iniciativa para normalizar o galego na rede, sobre todo entre os máis mozos. O Concurso Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 20/01/2017 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

Youtubeir@s busca incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes sociais máis populares. No Youtube andan máis de 1.000 millóns de usuarios, moitos deles atraídos por vídeos autoproducidos.

Imaxe promocional do concurso Youtubeiros
Imaxe promocional do concurso Youtubeiros | Fonte: youtubeiras.gal

Normas para participar

Ao concurso poderán presentarse todas as persoas maiores de 14 anos a través dunha inscrición en liña ata o 28 de abril, segundo se recolle nas bases dispoñibles na súa web.

Os vídeos deben ter unha duración máxima de 5 minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e estar dispoñibles na rede social YouTube. Os e as participantes poderán concorrer a dúas categorías: Video-facermos, para videotitoriais que amosen como facer cousas (desde unha receita ata a como instalar un programa informático); e Vídeo-opinarmos, para vídeos nos que se achegue unha opinión ou valoración sobre calquera tema (valoración dun filme, opinión sobre un tema de actualidade...).

Premios

Cada unha destas categorías vai ser premiada cunha contía de mil euros e tamén se asignarán catro mencións honoríficas de cincocentos euros segundo os criterios de valoración que terá en conta o xurado, composto por profesionais da comunicación audiovisual.

Formación

Youtubeir@s tamén ofrece formación específica de videocreación. En Ourense haberá dous cursos, un salón de graos do edificio de Facultades os días 7 de febreiro e outro no Centro de Coñecemento La Molinera os días 10 de febreiro e 17 de febreiro.

En que consiste o curso?

Na primeira sesión formativa, dunha hora de duración, abordaranse os consellos básicos para sacarlle o maior partido á cámara dos nosos dispositivos móbiles e aprenderase a escribir un guión. Na segunda sesión formativa, de dúas horas de duración, editarase o material e verase como subilo a YouTube. Entre ambos os dous encontros formativos haberá asistencia en liña.

A presentación estivo presidida por Belén Iglesias, concelleira de Cultura do Concello de Ourense, e José María Faílde, director de Planificación do Campus de Ourense, acompañados dos técnicos de normalización lingüística de ambas entidades, Mónica Fernández Valencia e Paulo Cabral. 

Temas: INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Bufffff

Mimá, andan ben desesperaos e doentes hahaha. Mira ti en q mariconismos gastan o presuposto municipal os monas da Coruña. Non so lles dan contratos a dedo aos amiguiños e ONGs da corda, agora tamén convocan un concurso a medida para untar aos seus rapaces, pa flipar oh

1 Balbino

Críticar por criticar porque hai concellos de tódalas índoles, paréceme unha boa proposta, con visibilidade e que precisa de poucos fondos, BUFF con 1000 euros entre tanto concello pouco podes untar.

1 balbino

Cooooooooooidado 1000 eurazos e 500 eurazos, con isto vive todo o lobby da lingua durante un século, sempre a coller cacho, con isto xa se corrixe a discriminación recibida durante 500 anos, Carlos Callón xa pode viver toda a vida con estes cartos, a MESA e a RAG xa poden saltar de alegría con isto xa se paga tódalas suas iniciativas, ademáis de manter tódalas editorias de Galicia, menudo ataque a lingua da xente de ben, a infravalorada lingua dos reis católicos.