Villares espera que Feijóo aclare no Parlamento se "conseguiu os seus obxectivos" na Conferencia de Presidentes

Acusa o presidente galego de acudir "ao encontro sen explicar cál era o financiamento que quería para Galicia" previamente

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/01/2017 | Actualizada ás 14:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares, acusou ao titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de acudir á VI Conferencia de Presidentes celebrada a pasada en semana en Madrid "sen explicar" previamente "cál era o financiamento que quería para Galicia".

"Polo tanto, nin sabemos cál era a posición de país, nin sabemos se conseguiu os seus obxectivos porque non sabiamos cáles eran de partida", remarcou este luns o maxistrado en excedencia antes de participar no acto de celebración do patrón da Facultade de Dereito de Santiago.

Este martes terá lugar a comparecencia do presidente galego no Pazo do Hórreo para dar conta da Conferencia de Presidentes autonómicos na que participou o pasado martes na capital española.

Así as cousas, Villares confía en que o titular da Xunta aproveite a ocasión para explicar qué modelo de financiamento defende para Galicia; nun pleno no que, segundo avanzou o seu voceiro, En Marea presentará o seu "propio modelo", xa que cren que "o sistema actual de statu quo é prexudicial porque, no mellor dos casos, solo permite paliar algúns problemas do país pero non os solucionar".

"Necesitamos solucionar os nosos problemas e para iso necesitamos facer políticas económicas propias que nos permitan reverter a situación de Galicia minguante na que algúns nos queren meter", incidiu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta