Temas: SERGAS

A Xustiza declara ilegal un posto a dedo no SERGAS

A Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) estima parcialmente o recurso interposto pola CIG-Saúde contra os estatutos da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), dependente da Consellaría de Sanidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/01/2017 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

A sentencia declara «a nulidade dos incisos do art. 36 dos estatutos en tanto que estabelecen a posibilidade de contratación en réxime laboral de alta dirección da persoa designada como xerente da Axencia».

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, no Parlamento | Fonte: EP

Un xerente que instrúe procedementos administrativos non pode ser posto a dedo

No seu recurso, a CIG-Saúde pedía a nulidade da provisión mediante persoal laboral de alta dirección non só do posto de xerente, senón tamén dos postos de dirección das áreas de Xestión do Coñecemento e Talento e Desenvolvemento e Innovación Sanitaria, alegando que as funcións asignadas a tales postos implican a «participación directa ou indirecta no exercicio de potestades públicas ou na salvagarda dos intereses xerais das administracións públicas», nos termos do artigo 22.1 da Lei do emprego público de Galiza, polo que só poden ser realizadas por persoal funcionario ou estatutario.

Tras un exame das atribucións de cada un dos postos, o alto tribunal galego conclúe que o posto de xerente non pode proverse mediante persoal laboral de alta dirección, pois varias das súas funcións implican o exercicio de autoridade, a intervención directa na instrución e resolución de procedementos administrativos e  a realización de actividades de intervención e tesouraría; todas elas propias e exclusivas da función pública.

A sentenza, aínda sendo recorríbel en casación perante o Tribunal Supremo, deixa sen habilitación legal a continuidade no posto da actual xerente da ACIS, polo que a CIG-Saúde solicitará ao conselleiro de Sanidade o seu cesamento e a provisión do posto mediante persoal funcionario ou estatutario.

Para María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde resulta “un paradoxo que a actual xerenta da Axencia Galega do Coñecemento bloqueara a creación da categoría de persoal investigador público do SERGAS impedindo que os actuais investigadores e investigadoras con máis de 10 anos de vínculo co Servizo Galego de Saúde puideran estabilizar a súa praza como persoal fixo, como o resto de traballadores/as e agora sexa a xustiza a que ditamine que é ela quen non pode ocupar o posto de xerenta porque non é persoal do SERGAS”.

Temas: SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta