En Marea e BNG homenaxearán conxuntamente a Castelao

Un memorial e un coloquio con presenza vasca renderán tributo ao ilustrador, escritor e político nacionalista esta fin de semana en Rianxo.

Por Galicia Confidencial | Rianxo | 27/01/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A localidade coruñesa de Rianxo acollerá esta fin de semana dúas actos en homenaxe a Castelao, un coloquio sobre a súa relación con País Vasco e un memorial político e institucional de tributo. E alí coincidirán Luís Villares (En Marea) e Ana Pontón (BNG) para destacar a figura de quen está considerado como o pai do nacionalismo galego moderno.

Castelao durante un mítin
Castelao durante un mítin

En concreto, o sábado, día 28, terá lugar no Auditorio de Rianxo, a partir das 19,00 horas, o encontro-coloquio 'Castelao e os Vascos', no que participarán o voceiro do PNV no Senado, Jokin Bildarratz, o exvoceiro do PNV no Congreso Iñaki Anasagasti, o presidente da Fundación Castelao, Carlos Mella, e o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López.

O domingo será a quenda do acto político de tributo a Castelao, que comezará ás 11,00 horas cunha recepción no concello por parte do alcalde, Adolfo Muíños. Posteriormente, ante o monumento a Castelao, haberá intervencións de representantes políticos como Luís Villares, Ana Pontón, Francisco López (Partido Galeguista), María Xosé Afonso (Compromiso por Galicia) ou Fernando Alonso (Coalición Galega).

Ademais, tamén tomarán parte representantes institucionais, como Valentín García Bóveda (Fundación Bóveda), Manuel Puga (Fundación Penzol), Luís Martínez Risco (Fundación Vicente Risco), Xosé Fernando Filgueira (Fundación Filgueira Valverde) ou Xusto Beramendi (Museo do Pobo Galego).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 NOS SOS

Co españolismo nin sentar a tomar un café.

1 comunista independentista

Certo. Fóra xa co Bloque, xendarme do colaboracionismo españolista en Galiza.

2 Txovi

Probe chovi, lla no sabe ni dicir mentiras. El rojo gualda y morao....ai! Ese morao le ha infestao las entrañas! #sociodemocrotodependente

2 Eu mesmo

Participa "o secretario xeral do Partido Galeguista, Francisco López". Chamádeo polo seu nome: un dos tres usurpadores das siglas históricas!!!

1 Androide

Ai Manoliño (Antelo) vas ter que dar un toque de atención a esta xentiña de En Marea. Primeiro foi dar o nome de Santa Rosalía ao aeroporto de Lavacolla, agora ir predicar ao pé de San Castelao. Non hai maneira...