GC Aberto
Temas: PODEMOS

Podemos na disxuntiva

De manterse o enfrontamento larvado entre pablistas e errejonistas, Podemos, de ser un auténtico fenómeno político e alternativa de goberno, derivará cara á súa ruptura e declive.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 28/01/2017

Comparte esta noticia

Pablo Iglesias no debate de investidura no Congreso
Pablo Iglesias no debate de investidura no Congreso

E así, mentres a dereita  a pesar da súa diversidade concentrábase  nun só partido, o PP;  a esquerda, non só  fraccionábase entre varias frontes, senón que no seu ofuscamento empeñouse en malgastar enerxías e recursos para repetir a dinámica  de sempre, é dicir, reproducir o eterno drama da súa desunión  e contender  entre si, evidenciando  a súa  incapacidade  en consolidar  un proxecto común que sortease  a inconveniencia da   fragmentación electoral

 

A falsa esquerda só pode mirar cara á  dereita, como así  explicitou a través do golpe de estado  consumado recentemente no seu propio seo, coa única  finalidade de facilitar o goberno a Mariano Rajoy; para así  sen dar voz á súa militancia  cumprir a  decisión tomada con anterioridade polas  elites oligárquicas na súa estratexia  de obstaculizar a conformación dun goberno alternativo e de progreso coa participación de Podemos como esquerda real, unha arrevesada  determinación que o partido socialista  tenta  versionar agora como  unha decisión  atinada e inevitable.

 

Pero cando a cúpula de Podemos debese envorcar os seus esforzos en consolidarse   como alternativa real, e exercer  sen fisuras unha oposición responsable que lle reportase fiabilidade   e achandase o acceso  ao  poder político a medio prazo, resulta que contra todo prognóstico  é a súa  fractura interna quen  toma o papel protagonista aireada aos catro ventos  polos dous principais dirixentes da formación, constatando coas súas liortas  a existencia dunha  crise ideolóxica de difícil resolución  , e o que é  mais grave, a constatación de estar a incorrer  en idénticas prácticas que por inadecuadas foron tema de reprobación aos seus adversarios  políticos

 

Mal vai  o funcionamento de Podemos  cando a idea do duelo imponse ao debate fraterno,  e os seus máximos mandatarios suplen a vía do  dialogo persoal por agres insercións  en medios  e redes sociais que por ser a antítese do dialogo representan unha  actitude de controversia  que  pon de manifesto  a existencia  dunha  profunda división no seu seo, que ademais de non axudar para nada  ao arranxo dos graves problemas  que vive o país, acentúa o risco de división entre os dous sectores enfrontados  á vez de minguar afinidade simpatizante,  e por tanto, rebaixa no  substancial as expectativas  electorais  dos seus mellores tempos.

 

 

 

Temas: PODEMOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta