Ferido o condutor dun camión tras chocar contra os piares dunha ponte da AP-9 en Vigo

Un home resultou ferido despois de sufrir un accidente co camión que conducía á altura do termo municipal de Vigo ao chocar contra os piares dunha ponte da autoestrada AP-9.

VIGO | 31/01/2017 | Actualizada ás 09:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido despois de sufrir un accidente co camión que conducía á altura do termo municipal de Vigo ao chocar contra os piares dunha ponte da autoestrada AP-9.

Segundo informou o 112 Galicia, a última hora da tarde do luns o camión circulaba aproximadamente polo quilómetro 158 da AP-9, dirección Norte, cando, por causas que se descoñecen, se separou a cabeza tractora do remolque do vehículo e chocou contra os piares dunha ponte.

O condutor, que estivo consciente en todo momento, resultou ferido de carácter leve, pero necesitou ser atendido por persoal sanitario, segundo indicaron as mesmas fontes.

Foi sobre as 20,00 horas do luns cando varios particulares chamaron o 112 Galicia para informar dos feitos. Por iso, o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 puxo en marcha un operativo no que participaron técnicos sanitarios, Guardia Civil de Tráfico e membros do Servizo de Emerxencias de Mos. Tamén foron informados, os efectivos de Protección Civil e os bombeiros da cidade olívica e de Baixo Miño.

Ademais, foi necesario, mentres os servizos de emerxencia traballaban no punto, interromper a circulación nos dous carrís, dirección Norte da autoestrada, aínda que sobre as 21,30 horas os axentes confirmaban ao persoal do 112 Galicia que a circulación estaba totalmente restablecida.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta