Temas: CERVO

Denuncian a contratación dun asesor por 24.000 euros en Cervo para facer “autobombo”

O PSdeG cualifica de “esaxerado e de despilfarro” que un concello coma o de Cervo, con menos de 5.000 habitantes,teña órganos de Goberno que cobren máis de 115.000 euros, ademais do novo soldo de asesor.

Por Galicia Confidencial | Cervo | 06/02/2017 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O voceiro do PSOE en Cervo, Francisco Mon Fernández, criticou este venres, que o Concello gaste máis de 24.000 euros en contratar un asesor para autobombo e propaganda, cando “ten desatendido outros asuntos vitais para a vila”, como incrementar a partida de servizos sociais ou o mantemento de infraestruturas. 

Concello de Cervo
Concello de Cervo | Fonte: Páxinas Amarelas

O voceiro socialista fixo esta afirmación, trala celebración do pleno ordinario de febreiro, no que o PP acordou contratar a un asesor especial en materia de información. Neste punto puxo como exemplo, onde se podería inverter estes 24.000 euros.  Citou as carencias en inmobles municipais como no edificio do Xulgado, do que denunciou “que chove dentro, ou a Praza do Souto, as instalacións da praia da Caosa, as pontes, ou as vías municipais, so teñen que escoitar as queixas dos veciños”, insistiu.

Na mesma sesión ordinaria, Mon Fernández criticou “o lavado de cara do alcalde anunciando unha baixada de soldo. Xa que cobraba 39.841 euros ao ano e agora pasa a cobrar 39.060, polo tanto baixou 781 euros. O único que rebaixou o Alcalde foi a calderilla”, espetou.

Ademais o PP tamén aprobou en solitario un aumento de soldo para a Concelleira de Educación, Cultura, Xuventude e Facenda, que cobraba 11.690 euros anuais e agora pasa a cobrar 15.399, o que supón un incremento de 3.709 euros. Coas cifras na man, o voceiro socialista cualifica de “esaxerado e de despilfarro”, que un Concello coma o de Cervo, con menos de 5.000 habitantes, teña órganos de Goberno que cobren máis de 115.000 euros, e ademais contraten a un asesor”.

Temas: CERVO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Inaudito

Que barbaridade como se fose da Marea que logo non fan nada. Que vai facer comprar tuits rusos de confiamosnoalcalde