PPdeG e PSdeG tumban a moción de confianza de Ferreiro na Coruña

Xulio Ferreiro queda en funcións á espera de saber se socialistas e populares presentan unha moción de censura. O BNG déulle o seu apoio ao rexedor. Simpatizantes da Marea Atlántica apoiaron ao alcalde e berraron consignas como "PP e PSOE a mesma merda son".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/02/2017 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

PPdeG e PSdeG  puxéronse de acordo este sábado para votar conxuntamente en contra a cuestión de confianza que o alcalde da cidade, Xulio Ferreiro, presentou vinculada á aprobación do orzamento de 2017. 

Xulio Ferreiro con algúns dos seus concelleiros antes de someterse a Moción de Confianza vincuilada á aprobación dos orzamentos de 2017 que acabou perdendo
Xulio Ferreiro con algúns dos seus concelleiros antes de someterse a Moción de Confianza vincuilada á aprobación dos orzamentos de 2017 que acabou perdendo | Fonte: EP

Por iso, agora, populares e Socialistas teñen un mes para negociar un candidato, un programa e un orzamento para a cidade da Coruña. Iso, ou que Marea Atlántica e os socialistas coruñeses se volvan sentar nunha mesa e fechar un acordo que hai días estiveron a punto de asinar e que, finalmente, quedou en papel mollado. 

Tras a celebración dun pleno extraordinario, e o voto en contra de PP e PSOE, Ferreiro queda como rexedor en funcións á espera de se ten un candidato alternativo en marzo que poida desaloxar da Alcaldía. Os votos a favor da Marea Atlántica e da única concelleira do BNG,  que votou a favor na procura dunha "oposición construtiva", non foron suficientes para que Ferreiro gañara o órdago que lle lanzou ao socialistas tras a ruptura das negociacións.

Desde o PSOE, o concelleiro José Manuel García dixo que votan en contra porque o alcalde "non se merece" a confianza socialista. Con todo, delegou na Marea Atlántica o crear "un espazo político que dea estabilidade" e avanzou que apoiarán "cada acción" do goberno se hai "diálogo".

Cidade “paralizada”

Pola súa banda, a portavoz do PP, Rosa Galego, pediu ao alcalde que dimita por ter a cidade "paralizada" e recriminoulle buscar, coa cuestión de confianza, "ir de vítima á conta dos coruñeses". Tamén instou aos demais grupos da oposición a exporse se van estar "á beira do caos ou do rescate da cidade".

Pola súa banda, o alcalde defendeu a cuestión de confianza porque "chegou a hora de que cada quen decida que papel quere xogar". Con todo, reiterou que PSOE e Marea están "condenadas" a entenderse porque teñen "moitas cousas en común". "Esperemos que hoxe non esteamos no fin dun capítulo", engadiu en alusión á posible presentación dunha moción de censura por parte da oposición.

Concentracións a favor do alcalde

Antes da celebración do pleno extraordinario, simpatizantes da Marea Atlántica congregáronse nos soportais da praza de María Pita para expresar o seu apoio ao alcalde.Na fila de acceso ao recinto municipal, tamén se deron cita simpatizantes do PP e o PSOE. Os primeiros fixérono con pancartas da Marea Atlántica e na que se podía ler o 'hashtag #ConfiamosNaMarea', o mesmo co que, a través das redes sociais, fíxose a convocatoria.

No caso do PP, algúns deles acudiron con bufandas do Deportivo tras as críticas do grupo municipal popular polos desprendementos na cuberta de Riazor. No seu caso, as pancartas puñan 'Cidade de primeira, alcalde de terceira'. Próximos a eles, estaban tamén algúns afiliados e simpatizantes do PSOE.

'Fóra a mafia da nosa cidade', 'PP-PSOE, a mesma merda son' ou 'A cidade non se vende, deféndese' foron algúns dos lemas utilizados. Tamén se corearon proclamas en apoio ao alcalde, Xulio Ferreiro, que acudiu a saudalos. Entre os concentrados estivo o portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, ou os deputados no Congreso, Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz, que acudiron para presenciar o pleno.

En declaracións aos medios, Luís Villares subliñou o "respaldo" na Coruña ao goberno local. Deste executivo, dixo que quere "traer a dignidade, a transparencia e a xustiza social". Tamén apelou ao "clamor" en apoio ao alcalde xa que a maioría dos presentes ás portas do Palacio de María Pita eran simpatizantes da Marea Atlántica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

3 BernardoG

No Carballiño En Marea apoia ao Psoe nos orzamentos a cambio de reabrir a emisora municipal pechada polo PP e de remunicipalizar a Recadacion.Na Coruña fan como en Madrid: deixar a dereita no poder.Logo queixanse de que os votos emigran.

2 Bufffff

O mais coñón foi q titular dixo algo así como q preside un goberno honrado... Con un par. Dito por un profe de universidade, como se a endogamia non existira. A algúns pódelles tanto a vanidade e a egolatría q acaban autoconvencidos de q teñen a praza na universidade pq son uns cracks, esquecendo q en realidade están aí pq os enchufou un padriño.

1 GALIZA CEIBE

me alegro moito, este señor non vale para nada!!!! e que non veña don -Vieiras a intentar salvar a situación presentándose como concelleiro pro-anova reanovada de age de podreiros... xa non cola para nada o chamado efecto PODREIROS... traizoaron a Galiza, CORUÑOS... HIERROLES... SANTI-age$ de componendas... e o momento de irse de deixar de tomar o pelo o pobo galego... GALIZA NECESITA E PERCURA UN DIRIXENTE NACIONAL CON DOTES DE MANDO INSPIRADORAS, UN NACIONALISMO GALEGO NACIONALISTA, SIN MACULA SIN EXPAÑOLISMO CORRU-PP-TOR E LADRON...