GC Aberto
Temas: ISRAEL

"O antisemitismo, un odio bimilenario". Por Jon Iñarritu, de EH Bildu

En Europa, en pleno século XXI, seguen morrendo xudeus polo feito de seren xudeus.

Por GalizaIsrael (http://www.galiza-israel.org) | GC ABERTO | 06/02/2017

Comparte esta noticia

Con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto que tivo lugar o pasado día 27 de xaneiro, un representante da comunidade xudía que acudiu ao acto do Eusko Legebiltzarra-Parlamento vasco, sinalou que en Europa, en pleno século XXI, seguían morrendo xudeus polo feito de selo. Motivos para a alarma?

A formación nazi Amanecer Dorado
A formación nazi Amanecer Dorado

Lamentablemente si, as cifras facilitadas pola Axencia Europea de DD.HH, en 2013, desvela datos moi preocupantes sobre a pervivencia deste odio bimilenario. Sinala Gustavo Perednik, na súa obra "A Natureza da xudeofobia", que os "xudeus foron odiados en sociedades pagás, relixiosas e seculares. Foron acusados por ser: comunistas, capitalistas, de ter dobres lealdades, racistas, ricos, míseros ostentosos, avaros, cosmopolitas sen raíces, ou chauvinistas étnicos, quintacolumnistas, ou vivir encerrados". Como vemos, para os "haters" non faltan escusas para deshumanizar e demonizar a unha comunidade en base a libelos e mitos falsos como os do "conspiracionismo e o control mundial", difundidos desde diferentes ideoloxías

O antisemitismo non naceu co nazismo nin se acabou tras el. De igual xeito, a islamofobia, a xitanofobia e a xenofóbia, seguen estendéndose,  a extrema dereita volve reforzarse e Europa pecha as súas portas a refuxiados que piden axuda. Non esquezamos que a peor Europa foi a racista e a antixudía. A mellor Europa é a solidaria e a plural. Nunca máis!

*Jon Iñarritu é senador de EH BIldu na Eusko Legebiltzarra

Os republicanos supervivintes en Mathaussen tiran cos símbolos nazis
Os republicanos supervivintes en Mathaussen tiran cos símbolos nazis

Temas: ISRAEL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Clase obreira laica.

Se a pseudoesquerda progre e pequeno burguesa, segue a mesturar xudaismo co sionismo (movemento político como a "wahabbismo jihadista) e porse a prol dos grandes monopolistaa coa inmigración irregular, dos grandes monopolistas, para baixar soldos e recurstar dereitos dos autóctonos. O uneco que vai conquerir é afastarse mais da clase traballadora, deixando o seu espazo a ultra dereita populista e xenófoba. Foi o mesmo xudeo Albert Einstein que comparou como xemelgos, o partido Likud israelí, co partido na-zi e fas-cista italiano. Este é o partido no goberno que segue a legalizar asentamentos ilegais, contra os dictados da ONU, segue a explotar o gas da Cixordania palestina. Ocupa os altos do Golam e segue a financiar o terrorismo "yihadista"

1 Alpargata

Albert Einstein morreu en 1955 e o partido Likud fundouse en 1973...¿Seica conqueríu o científico unha viaxe no tempo para nos informar? E unha pena ler en internet unha e outra vez como hai xente que repite coma papagaios as consignas extremistas

2 Pescozón

Tamén sería ben interesante comezar a afastar dunha vez o xudaísmo, que non deixa de ser merecente do mesmo odio ca calquera outra relixión, e o estado de Israel... que é merecente de todo o odio do mundo.