O teléfono de atención ao cliente de Fenosa canaliza máis dun milleiro de reclamacións por daños do temporal

A compañía lembra as vías para reclamar e que entre o 1 e o 6 de febreiro os seus operarios atenderon máis de 900 incidencias en Galicia

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2017 | Actualizada ás 18:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unión Fenosa Distribución, distribuidora eléctrica de Gas Natural Fenosa en Galicia, lembrou este sábado nun comunicado que a compañía abriu "canles específicas" para atender aos clientes afectados pola falta de subministración tras os temporais que recentemente azoutaron á comunidade.

Dada a intensidade dos temporais e o número de afectados, a compañía distribuidora habilitou un teléfono (900 111 035) e un correo electrónico 'temporalgalicia@gasnaturalfenosa.com' para atender aos clientes afectados e canalizar as reclamacións.

Ademais, os usuarios tamén poden acudir a calquera oficina de atención ao cliente da compañía. Nos últimos días, o teléfono de atención ao cliente canalizou máis dun milleiro de reclamacións polos cortes de subministración ocasionados polos temporais.

Ante o incremento das solicitudes de información, a distribuidora reforzou o equipo de atención ao cliente.

MÁIS DE 900 INCIDENCIAS

Entre o 1 e o 6 de febreiro, Fenosa subliñou que os operarios da compañía tiveron que atender máis de 900 incidencias en Galicia, que deixaron 180.000 clientes afectados de maneira simultánea.

O impacto dos temporais, remarca, "foi extraordinariamente severo" e abarcou practicamente a toda Galicia, con "ventos que superaron, nalgúns puntos, os 180 quilómetros por hora", provocando a caída de árbores e ramas sobre os tendidos eléctricos, que "xeraron interrupcións da subministración eléctrica".

Aínda que o pasado luns quedaron resoltas todas as incidencias en media tensión, Unión Fenosa Distribución sinalou que segue traballando "na reparación definitiva dos danos provocados polos temporais e mantén reténs para solucionar posibles problemas puntuais".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta