Temas: LOBO CAZA XUNTA ADEGA

Denuncian brutalidade cunha loba morta nunha batida en Cotobade

ADEGA acusa á Xunta de permitir estas prácticas violentas ao conceder permisos para supostos “controis poboacionais” deste animal. Vídeo con duras imaxes no interior.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 13/02/2017 | Actualizada ás 09:10

Comparte esta noticia

Unha loba morta e cans e persoas ensañándose con ela. Iso é o que mostra un vídeo feito público por ADEGA para denunciar a crueldade que se exerce contra estes animais grazas aos permisos concedidos pola Xunta para realizar “controis poboacionais” desta especie.

Loba abatida nunha cacería en Cotobade
Loba abatida nunha cacería en Cotobade | Fonte: ADEGA

A organización ecoloxista sinala que ten probas de que a loba que aparece no vídeo tería sido abatida semanas atrás nos montes de Cotobade, precisamente no mesmo lugar para que este domingo 12 de febreiro a Consellaría de Medio Ambiente autorizou unha nova batida. Trátase do terceiro "control poboacional" nos últimos 4 meses e nos que oficialmente non se tería abatido ningún lobo. De feito esta nova batida xustificouse polos resultados negativos das anteriores. 

ADEGA xa puxo esta proba en coñecemento do SEPRONA de Pontevedra e anunciou que tamén a engadirá á denuncia presentada diante da Fiscalía do TSXG. “Estas novas probas demostrarían que con esa loba morta ilegalmente, altéranse gravemente as condicións xustificativas da autorización do último  control concedido pola Xunta”, denuncia.

Esta organización xa tiña solicitado a suspensión desta última batida diante da Dirección Xeral de Patrimonio Natural (antes Conservación da Natureza) ao ter constancia de que a administración dispuña desta información e había tempo suficiente para anular o permiso. “Lamentabelmente, a batida celebrouse, feito que outra volta proba o desleixo e a actuación irregular da administración, que podería estar incorrendo nun delicto de prevaricación”, critica nun comunicado.

Temas: LOBO CAZA XUNTA ADEGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta