(COR) A farmacéutica Biofabri adquire a 'startup' biotecnolóxica galega Bialactis Biotech S.L.

(Por un erro da fonte informante sobre o nome da empresa adquirida, ao que lle sobra unha c ao final e é Bialactis, esta información substitúe á anterior sobre o mesmo tema. Desculpen as molestias.) A farmacéutica Biofabri adquire a 'startup' biotecnolóxica galega Bialactis Biotech S.L.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2017 | Actualizada ás 13:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A farmacéutica Biofabri anunciou este martes que o pasado venres 10 de febreiro adquiriu o 80 por cento da 'startup' biotecnolóxica galega Bialactis Biotech S.L..

Segundo informou a compañía, trátase dunha 'startup' biotecnolóxica que se dedica á produción e comercialización de produtos probióticos para o consumo humano, ata o momento propiedade de dous socios fundadores, quen, a partir de agora, pasan a ter o 20 por cento da empresa.

Bialactis Biotech, situada Nigrán (Pontevedra), elabora e comercializa produtos probióticos a partir de bacterias que xera o propio organismo humano para mellorar a saúde e o sistema inmune.

Actualmente ten tres tipos de produtos destinados ao período de embarazo e lactación, á fase infantil e á adulta, así como un servizo de análises nutricionais, microbiolóxicos e inmunolóxicos de leite materno.

O pasado 23 de decembro, Biofabri adquiriu a empresa Probisearch, pertencente á Universidade Complutense de Madrid, que traballa na identificación e selección de cepas bacterianas para a fabricación de probióticos.

Con esta nova compra, o grupo biofarmacético formado por Biofabri e CZ Veterinaria, segundo destaca a compañía, "reforza a súa aposta por un nicho de mercado, o dos probióticos de estándares farmacéuticos, froito da súa experiencia e tecnoloxía na fabricación industrial de microorganismos".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta