Temas: RAGC QUíMICA

O profesor Arturo López Quintela ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

O catedrático da Universidade de Santiago de Compostela entra como académico numerario.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/02/2017 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Manuel Arturo López Quintela, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ingresou esta tarde na Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) como académico numerario. No acto, no Pazo de San Roque, pronunciou o discurso ‘Clústeres cuánticos de átomos: o último reduto da química por descubrir nos límites da nanotecnoloxía’, que lle contestou o académico Pedro Merino Gómez. 

O catedrático Manuel Arturo López Quintela
O catedrático Manuel Arturo López Quintela | Fonte: USC.

López Quintela recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e o diploma entregoullo o reitor da USC, Juan Viaño.

O profesor López Quintela licenciouse e doutorouse en Química na Universidade de Santiago, na que actualmente é catedrático adscrito á área de Química Física. Nos anos posteriores ao seu doutoramento levou a cabo numerosas estadías en universidades e centros de investigación estranxeiros, especialmente en Alemaña, Xapón e Inglaterra. 

É autor de 336 traballos de investigación e participou nun gran número de proxectos nacionais e internacionais. Dirixiu 26 teses de doutoramento e é autor de 21 patentes, 13 delas licenciadas para a súa explotación. Co-dirixe con José Rivas o grupo de investigación de Magnetismo e Nanotecnoloxía (Nanomag) do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago. 

A súa actividade de investigación céntrase no estudo de nanomateriais, campo no que actualmente é unha autoridade recoñecida internacionalmente e no que promoveu a empresa spin-off Nanogap.

Temas: RAGC QUíMICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta