Temas: PENSIóN

A esquerda galega sairá á rúa en defensa das pensións

A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade suma o apoio de varios concellos e mareas para a súa manifestación na Coruña esta primavera, co lema “coas nosas pensións non se negocia”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/02/2017 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

As marchas da dignidade, as mobilizacións nacidas ao calor das mareas e do 15M, volven á carga en Galicia. Será  na Coruña o 25 de febreiro. Desta volta haberá unha manifestación galega en defensa das pensións e os servizos públicos, que consideran “gravemente ameazados”.

Manifestación da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade en Santiago
Manifestación da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade en Santiago

O colectivo está a recoller apoios políticos en numerosos concellos gobernados pola esquerda.  Municipios como o de Santiago xa aprobaron mocións de apoio no pleno. En Cangas o concello animou a participar en solidariedade “coa situación dramática de moitos fogares que dependen dunha pesión para vivir”. A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade terá unha reunión co alcalde de Coruña, Xulio Ferreiro, o próximo luns, cando presentarán oficialmente a Marcha en rolda de prensa.

A Marea Atlántica tamén lles outorgou o seu apoio. A confluencia herculina alerta dun plan para desmantelar o sistema público de pensións co “único obxectivo favorecer ás entidades que ofrecen plans de pensións privados”.

O lema desta concentración na Coruña será “coas nosas pensións non se negocia”. Haberá dúas columnas que partirán as 12 horas do Pazo da Ópera e do Campo da Leña. As dúas marchas confluirán na Praza de Ourense e andarán xuntas até os xardíns de Méndez Nuñez. Aló será o acto político final, previsto para as 13 horas. 

A nivel do Estado, nas marchas colaboran máis de 300 organizacións sociais, sindicais e políticas de esquerdas, unidas baixo a reivindicación “pan, traballo e teito”.  Este é o terceiro ano que convocan actos reivindicativos en defensa dos servizos públicos.

Temas: PENSIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 Dalle que libras

Eso, eso, cada un polo seu lado e o PP escarallándose

1 John McNamara

Só con mirar a foto un se decata que iso é a esquerda na Galiza e non a esquerda galega. Ollade se non as bandeiras galegas coas bandeiras emperiais.

1 FRPU

Ains GaliciaConfidencial... Como se vos ocorre decidir quen é galego e quen non sen lle pedir permiso aos do BnG? Non vedes que son eles os que reparten os carnets de galego racialmente puro? Mal, mal, mal... Bloque über alles. Heil Zarzuelas!

2 Ai falaches meu

E tan galegos son os galegos como os burgaleses como di Procesiones http://www.cousasdeimeneo.net/en-ma...

3 Comunista

A ver que fan os Imeneos e o resto dos nazitrolls cando a U lle corte a billa ao MGS para meter á FOGA no reparto do minguante pastel blocallo. MGS, o principiño destronado.