María Rey explica que Ciudadanos decidirá en tres meses a súa estrutura en Galicia para crecer "aos poucos"

A edil de Ciudadanos en Pontevedra e nova membro do Consello Xeral da formación laranxa en España, María Rey, explicou que o partido que lidera Albert Rivera decidirá en tres meses a súa estrutura en Galicia para "crecer aos poucos".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:15 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A edil de Ciudadanos en Pontevedra e nova membro do Consello Xeral da formación laranxa en España, María Rey, explicou que o partido que lidera Albert Rivera decidirá en tres meses a súa estrutura en Galicia para "crecer aos poucos".

María Rey pronunciouse deste xeito nunha entrevista concedida á Radio Galega, difundida pola propia emisora, na que recoñeceu que Ciudadanos ten que ir en Galicia "aos poucos" e explicar como pode mellorar o país cunha estrutura "forte".

A nova integrante do Consello Xeral de Ciudadanos recoñeceu que a súa formación non estaba "preparada" nas pasadas eleccións. "Somos demasiado novos e temos que crecer aos poucos con sentidiño", manifestou.

Nesta liña, considerou que deben comezar polas cidades e pobos e ir crecendo ata chegar ao Parlamento autonómico e despois ao Congreso.

Na súa intervención, María Rey non quixo adiantar quen poderá ser o líder do seu partido en Galicia pero asegurou non postularse para esa elección.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta