Deteñen en Vigo a un home por ameazar a outro cunha arma branca e a outro home que tiña unha requisitoria xudicial

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron en senllos servizos realizados na mañá deste venres a dous homes: A un por ameazar a un home cunha arma branca, e ao segundo ao ter en vigor unha requisitoria xudicial.

VIGO | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:46 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron en senllos servizos realizados na mañá deste venres a dous homes: A un por ameazar a un home cunha arma branca, e ao segundo ao ter en vigor unha requisitoria xudicial.

Segundo informou a Policía Local a Europa Press, sobre as 12,15 horas foi detido na contorna da rúa Teixugueiras (en Navia) un home de 31 anos, natural de Portugal e de siglas N.F.A.A., que supostamente ameazou cunha arma branca a outro individuo.

Posteriormente, efectivos policiais detiveron a outro home de 46 anos, nacido en Alemaña e que responde as iniciais M.B.K., ao que lle constaba en vigor unha requisitoria xudicial de personación, motivo polo que foi trasladado á sede xudicial.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta