É xusta a condena para Urdangarín e a absolución para a Infanta?

A polémica sentencia do caso Nóos está a xerar reaccións do máis diverso no panorama político galego. Só hai coincidencia nunha cousa. A ninguén deixa indiferente o fallo, que condena a Iñaki Urdangarín a 6 anos de prisión, a 3 anos a Jaume Matas pero exculpa á Infanta Cristina, aínda que a irmá de EL Rei é declarada responsábel civil subsidiaria.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/02/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Dende o PPdeG, o portavoz do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro, puxo este venres en valor a "independencia" con que traballa a Xustiza en España tras a sentenza do caso Nóos, sen fixarse en "os apelidos" das persoas que se xulgan.

Hermanager - Viñeta de humor - Xuizo Infanta Cristina
Hermanager - Viñeta de humor - Xuizo Infanta Cristina

O conservador presume de independencia do sistema xudicial. "Non se fixa para nada nin na procedencia, nin no cargo, nin a orixe, nin no nome, nin nos apelidos da persoa que está a ser xulgada", argumenta. No PP parecen están contentos coa sentencia. Cómpre lembrar que Mariano Rajoy prognosticara no seu día que a Elena de Borbón iríale ben. 

Pola súa banda para o voceiro parlamentario de En Marea, Luís Villares,  a sentenza chega "algo tarde", polo que aproveitou para pedir medidas de reforma "tanto lexislativas como de dotación orzamentaria" para que a "xustiza se dite en prazo". "Porque unha xustiza áxil é a única xusta", manifestou.

Ademais, considerou que, con este fallo, unha vez máis, móstrase que "existe unha dobre vía para a reparación de situacións de inxustiza manifesta", "o amparo do sistema xudicial" pero tamén "a mobilización social". "A concienciación social, tanto no caso dos desafiuzamentos, como das cláusulas chan ou casos de corrupción como o Nóos, deron lugar a unha verdadeira conciencia nos xuíces cando a mobilización social espertou as conciencias", apuntou.

A deputada do BNG Ollala Rodil mostra a súa decepción. “Inxenua de min que pensei que a condenarían aínda que fose pouco por aquilo de que non parecese impune. Pois vai ser que non... En fin”, láiase a moza parlamentaria. Tamén crítico móstrase Rubén Cela. O líder do Bloque en Compostela tira de retranca ao sinalar que “máis doado atoparse cun unicornio que coa separación de poderes”. Na mesma liña se pronuncia a voceira nacional. “Todos os españois son iguais ante a lei..... bla. bla bla bla  bla bla”, di Ana Pontón.

Urdangarín e a Infanta Elena
Urdangarín e a Infanta Elena | Fonte: rtv.es

Outros colectivos, como Causa Galiza ou a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica critricaron o fallo.  Os únicos que non se queren mollar son os dirixentes do PSdeG. Ningún dos seus líderers pronunciouse publicamente este venres sobre a sentencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

6 Bambino

Hoxe déronlle o día livre os foreiros mareados, comunista independentista, LK e cía... mama mía a merdiña que tragades, non me quero imaxinar si alguén da UPG defende a infanta ladra coma fai Villares, unha decepción tras outra con esta xente en tan pouco tempo.

1 Cotovade

Balbino Bambino Sensegundo, e logo os taparrabos da UPG facedes horas extra ou deixan ao menos espilido de garda? Lembras a Paco Zazuelas na portada d'A Nosa Terra xunto ao Borbon? Tempos aqueles, cando diciades que o tema da monarquia ou republica non toca, non menealo... Iguais que no PCE, e xa non digamos no PSOE, caladiños e a tragar coa monarquia que amparastes! Traidores todos... E Villares un quedaben, o tipico postureo aprendido no Benega, agora ao servizo do madrileño.

2 Ola loquito

Te tomastes la pastillita

3 Bambolino

Jajajajajajaja tiñan o menos espelido xa se nota quén é jajajajajajajaja non nos veñas con Paco Zazuelas anda e fala do que toca, jajajaja o postureo aprendeuno no BNG xa é o remate final compañeiro, para quedar có Borbón xa están os da Marea que ata dobran a rodilla e lle bican a man.

5 Asquerosa patera

Os mareados están encantados.

4 Si que é

Billares falou e falou claro http://www.europapress.es/galicia/n...

3 ERREJON EXECUTADO

E de traca o estado esta gobernado por maos imitadores dos monty phyton!

2 O Freire

Escandalo o de Podemos, que Pablo poña a dedo ao iNiño Errejon para o 2019 en Madrid! E a coalicion? E as bases? E os ue estan? Nada, a dedo e con antelacion! Xa sei que non era o tema, pero no reino bananero de España non hai xustiza independente nin partido decente!